_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
Castes 2021 inclúe unha Wine Party que confía en que sexa o xerme dun futuro festival arredor do viño

Castes, a feira independente do viño, regresa este ano a Vilagarcía nun formato moi reducido á espera de que nunha vindeira edición poida retomar a presenza de máis bodegas e máis público nun espazo máis amplo. Nesta ocasión, regresa ao orixe: a vinoteca Derby. Aos túneles do viño e as catas verticais xa anunciadas, agora súmase unha Wine Party, o vindeiro domingo, que maridará viño e música e que o seu promotor, Sito Dieste, confía en que sirva de xerme para un futuro festival arredor destas dúas artes.
26.11.2021. Castes 2021, que en 2019 recibiu o premio Magnum á mellor iniciativa enoturística de Galicia, se celebrará o domingo 28 e o luns 29. Arredor de 25 bodegas, a maior parte delas unicamente da comunidade galega, fronte a presenza de varios países nas edicións anteriores, a causa pandemia, participarán nos dous túneles do viño e tres delas, nas denominadas catas verticais. Estas consisten en facer unha cata de distintas añadas dun mesmo viño para coñecer a súa evolución. Todas as bodegas teñen a característica común de que encaixan no concepto de vigneron, é dicir, a dun viticultor que tamén é vinicultor, que controla todo o proceso dende o coidado da viña ata que esta se transforma en viño, o que normalmente confire moita personalidade ao produto final.

Ademais das novidades propias da situación pandemia, este ano Castes inclúe outra: unha maridaxe entre viño e música. Será o domingo, entre as 13:00 e as 17:00 horas, na rúa Méndez Núñez, nun espazo enogastronómico compartido polo Derby, promotor do Castes, e o Bar Miúdo. Os asistentes poderán desfrutar de viños de alta calidade e, ao tempo, da música de El Club de la Acidez, unha banda de jazz e blues formada exprofeso para esta ocasión e liderada polo músico vilagarcián Nacho Pérez. Sito Dieste, artífice do Castes, confía en que esta Wine Party sirva de xerme para dar un novo pulo ao certame a partir do ano que vén.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -