_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Vilagarcía incorpora lámpadas solares ao alumeado de Nadal

O Concello de Vilagarcía vén de incorporar lámpadas de alimentación solar á iluminación de Nadal coa que este ano se están a decorar os espazos públicos da cidade. A novidade aplícase inicialmente nalgunhas das árbores que engalanan as rúas e os xardíns efémeros, coa idea de ir implementando este sistema de iluminación ecolóxico e barato nas vindeiras campañas de decoración que executa de forma directa o Concello como complemento á iluminación que se aluga anualmente para engalanar as rúas.
26.11.2021.- A medida ten como obxectivo aforrar custes enerxéticos e seguir apostando por sistemas alternativos e respectuosos co medio ambiente, xa que as lámpadas non consumen electricidade. Ao alimentarse coa luz solar que acumulan durante as horas do día, aluman perfectamente sen necesidade de estar conectadas a ningunha instalación eléctrica pila ou batería.

A árbore de Nadal que preside a Praza da II república é un dos elementos dotado destas lámpadas solares.

Mellora lumínica para os peóns da Baldosa
Por outro lado, a zona de viños da Baldosa estreou onte o novo alumeado público. Os antigos farois fixados ás fachadas dos edificios veñen de substituírse por catenarias colgantes de forma circular. O cambio permite optimizar a iluminación e centrala nos viandantes, xa que a colocación das lámpadas circulares no eixo central da rúa, ilumina a zona de tránsito dos peóns en lugar das terrazas, que era o que acontecía cos farois de fachada.

As luminarias tamén son de tecnoloxía led o que permite que, aportando a mesma intensidade lumínica, se poida reducir o consumo eléctrico, xa que a potencia pasa dos 1.300 watios que necesitaban os antigos farois, aos 180 cos que funcionan estas.
O uso deste tipo de catenarias colgantes, que destacan polo seu deseño moderno, está moi estendido en zonas peonís dos países nórdicos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -