_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O Concello xa pode facer uso do edificio da antiga Comandancia

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, asinaron esta mañá en Ravella o convenio da concesión administrativa da antiga Comandancia da Mariña. Este acordo permite ao Concello facer uso das instalacións mentres que non se completan os trámites administrativos que permitan a desafectación e posterior adquisición da parcela por parte da administración local para que o Sergas constrúa nela o novo centro de saúde, tal como xa aprobaron as tres administracións implicadas mediante o protocolo asinado no mes xullo.
26.11.2021.- Tanto o rexedor como o presidente da rada coincidiron en sinalar que coa firma de hoxe dáse un paso máis cara a consecución do obxectivo principal que é a construción do novo centro de saúde que Vilagarcía precisa e leva décadas demandando. Os trámites a para materializar a adquisición dos terreos, son longos, de aí que para ir avanzando se opte pola vía da concesión. Deste xeito, o Concello poderá dispor xa da Comandancia e facer uso dela a cambio do pago dun canon anual de 50.000 euros. Aínda que a concesión fíxase por un prazo de 50 anos, calcúlase que os prazos dos trámites necesarios para a desafectación, enaxenación e compra da parcela tarden como máximo dos anos, polo que, unha vez executada a compra polo prezo previamente acordado de 1.157.406 euros, a concesión extinguiríase e xa non habería que abonar ningún canon ao Porto.

Unha vez pechada a compra, o Concello xa podería poñer a disposición do sergas os terreos para que o organismo autonómico executase a construción do centro de saúde. O alcalde comentou que esta mesma semana responsables da Consellería lle confirmaron que o convenio para a construción da nova infraestrutura sanitaria de Vilagarcía xa está rematado, pendente unicamente dos informes xurídicos, para proceder á firma do mesmo.

Aínda que o Concello pode a partir de hoxe facer uso das instalacións, actualmente a Comandancia está sendo utilizada polo Sergas como centro masivo de vacinación, polo que ata que non remate esta labor non se prevé darlle ningunha outra utilidade. Varela comentou que “o prioritario agora é velar pola saúde das persoas fronte ao covid, pero o que é certo é que a Comandancia xa está a ter o uso sanitario que o Partido Socialista sempre quixo que tivese. Ata aquí están a vir veciños de Vilagarcía e de distintos puntos da comarca a vacinarse, o que demostra que o emprazamento é o idóneo, o que tamén avala que o Sergas aceptase emprazalo aquí”.

O acto de hoxe enmárcase na liña de colaboración aberta dende hai case un ano entre o Concello e a Autoridade Portuaria e que inclúe outro tipo de acordos “en beneficio do interese xeral e dos vilagarciáns” segundo apuntaron Varela e Corres Tourís, como a compra por parte da administración local dunha gran superficie no Ramal para destinada a uso público e zona de recreo, finalidade que tamén se lle dará a parte do muelle do Ramal e que permitirá que Vilagarcía volva a mirar ao mar e ningún tipo de construción bloquee a fachada marítima nun lugar privilexiado como este.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -