_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As atraccións e a pista de xeo do Fexturrón ábrense ao público con prezos especiais para grupos

O Fexturrón, o parque de atraccións de Nadal que se celebra dende hai anos en Fexdega, abre mañá as súas portas para ofrecer unha alternativa de ocio e divertimento para público de todas as idades durante estas festas. Tras un ano de ausencia debido ás restricións do covid, o Concello de Vilagarcía recupera esta actividade co obxectivo especial nesta edición de colaborar na recuperación dun dos sectores que estivo máis tempo parado. As típicas atraccións de feira, a pista e o tobogán de xeo regresan ao pavillón da Maroma nestas datas con descontos e prezos especiais para grupos. A feira contará cunha zona de restauración e actividades de animación de balde.
25.11.2021.- O Fexturrón funcionará a diario dende mañá pola tarde e ata o domingo 9 de xaneiro. As atraccións estarán abertas pola tardes de luns a domingo, de 16.30 a 21 horas, e a pista de xeo e o tobogán en horario de mañá e tarde de 11 a 14 horas e de 16.30 a 22.
Os días festivos haberá horarios especiais. En Noiteboa e Fin de Ano, o 24 e 31 de decembro, adiántase o peche ás 19.30 horas, tanto nas atraccións como na pista e o tobogán de xeo. E os días de Nadal e Aninovo, o 25 de decembro e o 1 de xaneiro, as atraccións estarán abertas de 17 a 21 horas e a pista de patinaxe e o tobogán de xeo, de 17 a 22 horas.

En canto aos prezos, para subirse aos cochiños eléctricos, as camas elásticas, o excalestric, as cadeas, o carrusel e demais atraccións mecánicas, haberá que adquirir un bono de 6 tickets polo prezo de 5 euros. Os tickets valen para calquera das atraccións.
Cinco tiradas de tobogán custan 5 euros e para patinar na pista de xeo ofrécense varias opcións: O billete para unha sesión de 50 minutos custa 7 euros, hai unha tarifa plana de 10 euros para unha única sesión con tempo ilimitado, e un bono de 10 sesións de 50 minutos cada unha a usar os días que se queira e que custa 54 euros. Todas as opcións inclúen o préstamos dos patíns.
Ademais, para a pista de xeo hai ofertas e prezos especiais para centros escolares e concertados que deberán reservar previamente a través do contacto pistadehielocyc@gmail.com

Como se fixo sempre no Fexturrón, o parque de Nadal de Vilagarcía ofrecerá unha ampla gama de actividades de animación que serán abertas e de balde para todos os asistentes. Haberá talleres, animación con personaxes tan queridos polos cativos como Mickey ou Donald, teatrillo, espectáculo de maxia, ludoteca, photocalls.
Tamén contará cunha zona de restauración na que repoñer forzas ou esperar. Contará con cafetería, crepería e postos de chucherías como algodón de azucre, garrapiñadas, gominolas…

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -