_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Unha cidade infantil súmase aos xardíns efémeros que ambientarán as rúas de Vilagarcía durante o Nadal

O Concello de Vilagarcia ultima estes días os preparativos do Nadal de cara á inauguración da tempada festiva esta fin de semana co prendido do alumeado, a apertura do Fexturrón e a estrea dos xardíns efémeros cos que, dende hai uns anos, se engalanan as rúas da cidade con estampas invernais e típicas destas entrañables datas. Este ano serán 12 os xardíns de Nadal que se repartirán polas zonas peonís, tendo como novidades principais a cidade infantil que se instalará na Praza da II República e a recreación prevista na nova praciña peonil habilitada ao pé da ciclovía na intersección da avenida Rodrigo de Mendoza con Doutor Tourón.
24.11.2021.- Os xardíns efémeros de Nadal son unha idea posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica co obxecto de dinamizar as rúas da cidade e tamén a actividade comercial e hostaleira. A iniciativa tivo moi boa acollida dende o primeiro ano ao contribuír a embelecer os espazos públicos e crear un ambiente típico de Nadal do que gozan vilagarciáns e visitantes e, moi especialmente, o público infantil.

Para os máis cativos está pensada a cidade habilitada na Praza da II República, cun grupo de casiñas de conto iluminadas e decoradas para a ocasión e nas que a xente poderá fotografarse como xa é habitual nos xardíns de Nadal de Vilagarcía.

Na nova zona peonil de Rodrigo de Mendoza, a carón do río do Con, tamén se recreará unha estampa moi especial dedicada ao Nadal e cun chisco ás ciclovías.
Intervencións no Piñeiriño, A Coca, o Parque Dona Concha e a rotonda de Carril
Estas dúas serán as intervencións máis amplas, aínda que outros dez xardíns efémeros se distribuirán pola cidade. Dous estarán na Rúa Castelao, un na Alameda, outro baixo o arco dos cubos de Vista Alegre e as restantes na confluencia de Rey Daviña con Castor Sánchez e na do Xardín de Ravella con Arapiles e Ramón y Cajal. Tamén haberá intervencións no Parque da Coca, na humanización da Rua Camilo José Cela, no Piñeiriño, así como no Parque de Dona Concha de Vilaxoán e na rotonda de Carril.

A ambientación de Nadal que asume directamente o Concello non se limita a estes xardíns efémeros. A campaña complétase coa decoración floral e luminosa de diversos espazos e zonas públicas do municipio, como os paraugas que cubrirán a Praza do Castro ou rotondas emblemáticas como a da Luz Salgada ou a de Larsa, entre outras, onde as ponsetias brancas e vermellas combinaranse con elementos de luz e árbores de Nadal. Todo isto vai a maiores do alumeado de Nadal propiamente dito, que se contrata cunha empresa externa e co que se decorarán rúas e prazas de Vilagarcia, Vilaxoán e Carril, así como nos barrios da periferia e casas de cultura do rural.

Un traballo de meses

O Concello leva meses traballando no deseño dos xardíns efémeros a través dos servizos de Xardíns, Obras e Electricidade. Os preparativos inícianse nos seus obradoiros, onde se van deseñando e elaborando as pezas e elementos decorativos que estes días se están colocando nas rúas, traballo que se compatibiliza coas labores habituais que deben realizar os respectivos servizos. A previsión é que todos os traballos estean rematados o venres pola noite, para que poidan ser visitados a partir do sábado, o mesmo día que se prende o alumeado de Nadal.

Dende o Concello lémbrase que esta decoración navideña conleva moito traballo e esforzo, e tamén recursos económicos, que se dispoñen coa intención de que sexan disfrutados polos cidadáns e de que a iniciativa serva para dinamizar a economía. Por todo, prégase aos veciños que sexan coidados e respecten as instalacións e os materiais, “que son para todos e que pagamos todos”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -