_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A rúa Arcebispo Xelmírez e o acceso a Arcebispo Lago péchanse mañá ao tráfico para a realización de obras

A execución de dúas obras que se están realizando no centro urbano obriga a cortar o tráfico mañá en dúas rúas da cidade. Arcebispo Xelmírez pecharase durante varias horas para realizar traballos de pintado das ciclovías. E o peche no cruce de Alexandre Bóveda pola obra da elevación do paso de peóns impedirá circular por Arcebispo a partir da xornada de mañá e durante unha semana. Como alternativa para acceder a esta rúa, a de Conde Vallellano pasa a ser de dobre sentido ata que rematen os traballos. A Policía Local xa sinalizou os cambios e está avisando a veciños e comerciantes das zonas afectadas mediante notas informativas.
23.11.2021.- A necesidade de botar o formigón e deixalo secar durante días para que frague convenientemente é a razón pola que se precisa cortar o tráfico no cruce de Alexandre Bóveda onde se están a elevar os pasos de peóns como medida de calmado do tráfico e seguridade viaria. Este corte impedirá que os vehículos que veñan dende Valle Inclán ou Alejandro Cerecedo poidan xirar cara Arcebispo Lago. Maila isto, nesta última rúa poderase circular para entrada e saída de garaxes, labores de carga e descarga, recollida de lixo, etc… posto que para facilitar o acceso do tráfico rodado, a rúa Conde Vallellano pasará a ter dobre sentido de circulación mentres duren as obras posto que será a única vía de entrada e saída a Arcebispo Lago.

Tráfico restrinxido en Alejandro Cerecedo os días de mercado

O sábado e martes pola mañá, con motivo da celebración do mercado, o corte do tráfico adiantarase ao cruce de Doutor Tourón con Alejandro Cerecedo, xa que os vehículos non terán saída nin por Alexandre Bóveda cara Valle Inclán (polo mercado ambulante) nin por Arcebispo Lago (a onde non se poderá acceder polas obras). Só se permitirá circular por Alejandro Cerecedo para entrada e saída a garaxes. Rematado o mercado, abrirase de novo a rúa.

Menos problemático será o peche de Arcebispo Xelmírez debido a que só se prolongará durante sete horas da xornada de mañá, mércores 24 de novembro. O tráfico cortarase ás 11 da mañá no cruce deste rúa con Fariña Ferreño para poder realizar os traballos de pintado da ciclovía que discorre por esta última. Como consecuencia, no se poderá acceder a Arcebispo Xelmírez, quedando soamente permitiida a circulación de vehículos nela para saída de garaxes en dirección á rúa San Roque. Mentres duren os traballos, non se poderá entrar na rúa a partir das 11 da mañá nin para acceder aos garaxes nin para labores de carga e descarga. A Policía xa dou aviso aos supermercados e establecementos comerciais e hostaleiros da zona para que, se o precisan, adianten ou pospoñan ao día seguinte as labores de carga e descarga que tivesen previsto despois desta hora ou en horario de tarde, xa que ata as 18.00 horas non está prevista a reapertura do tráfico.

Préganse desculpas e pídese colaboración

O Concello prega aos veciños que desculpen as molestias que estes cortes poidan ocasionarlles e pídese a máxima colaboración para que as obras discorran con normalidade e a maior brevidade posible, xa que a súa execución permitirá mellorar continuar mellorando a cidade e a calidade de vida dos vilagarciáns.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -