_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
O Concello da o visto bo ao proxecto para a construción dos tanques de tormentas en Fexdega e a desembocadura do Con

A construción de dous tanques de tormenta cos que previr as inundacións na zona urbana de Vilagarcía vén de cumprir un novo trámite coa aprobación inicial por parte do Concello do proxecto elaborado por Augas de Galicia. A creación destas infraestruturas -que se emprazarán na Avenida Rodrigo de Mendoza, no aparcamento dianteiro de Fexdega, e na desembocadura do Con, na avenida Valle Inclán- intégrase nun proxecto máis amplo de Mellora do Sistema Saneamento de Vilagarcía comprometido pola administración autonómica. A conformidade municipal remítese agora á Xunta de Galicia para que continúe coa tramitación previa á licitación e execución das obras cuxo orzamento supera os 9 millóns de euros.
23.11.2021.- A construción de tanques de tormenta en Vilagarcía é unha opción que se baralla dende hai anos como método para reducir o riscos de inundacións en situacións de copiosas precipitacións, cuxas consecuencias se agravan coa coincidencia da pleamar. En situacións deste tipo, os tanques tamén servirán para eliminar os verquidos ao río e ao mar resultantes do colapso das redes de pluviais e a súa confluencia coas augas residuais. O proxecto aprobado, ademais da construción dos tanques propiamente ditos, inclúe a rede de canalizacións para recoller e conducir as augas.

O Concello de Vilagarcía colabora con Augas de Galicia para o desenvolvemento desta importante actuación na que se vén traballando dende hai anos cos estudos nos que participaron técnicos municipais xunto cos do organismo autonómico. Así, determinouse, por exemplo, os emprazamentos máis idóneos para que os tanques cumpran o seu obxectivo: previr as inundacións. De aí que se optara por estas dúas localizacións no curso baixo do curso do río Con. Para permitir a construción do tanque da desembocadura, o Concello tivo que adquirir o triángulo de terreo que se sitúa entre o muro do Pazo de Vista Alegre, o río e a avenida Valle Inclán, medida que tivo un custe de 130.000 euros para as arcas municipais.

O proxecto que o Concello vén de aprobar de forma inicial redactouse en base aos estudos xeotécnicos realizados en 2020 coa autorización municipal. Os tanques irán soterrados polo que a superficie dos dous emprazamentos continuará utilizándose como aparcamento público.

Como corresponde a calquera obra de interese público, o acordo inclúe tamén o compromiso municipal de eximir á futura obra do cobro das taxas e impostos municipais de construción, así como a asumir a explotación, mantemento e conservación das infraestruturas unha vez que estean rematadas e sexan recibidas convenientemente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -