_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Alcaldía leva ao próximo pleno a concesión da Medalla de Ouro da Cidade ao Arousa, Sociedade Cultural

Tal e como anunciara coincidindo coa recepción ao club tras lograr o ascenso á Segunda División RFEF, o alcalde, Alberto Varela, proporá á corporación no vindeiro pleno a concesión da Medalla de Ouro da Cidade ao Arousa, Sociedade Cultural como recoñecemento aos seus 75 anos de historia. O Regulamento de Protocolo e Cerimonial do Concello de Vilagarcía de Arousa, no seu Título Segundo, artigo terceiro, establece a posibilidade de outorgar a Medalla de Ouro “para premiar ou recoñecer méritos extraordinarios que concorran en persoas ou entidades, tanto internacionais, nacionais, autonómicas como locais, por prestar servizos ou dispensado honras ou beneficios culturais ou sociais á cidade”.
20.11.2021. De acordo con ese Regulamento, o expediente foi instruído polo concelleiro designado polo alcalde, neste caso o de Educación e Deportes e presidente da Fundación de Deportes, Miro Serén. Na súa proposta, faise un repaso da evolución do club desde o seu nacemento, en 1945, ata a actualidade, e nel queda constatada a contribución da entidade non só no fomento da actividade deportiva senón tamén na difusión da imaxe da cidade. O 75 aniversario cumpriuse en 2020 pero a pandemia non permitiu nin ao Arousa nin ao Concello celebrar a efeméride como correspondía. A concesión da medalla tamén quere, neste sentido, contribuír a esa gradual volta á normalidade.

No expediente faise mención a algúns fitos do club, comezando por aquel primeiro aluguer dunha finca entón dedicada ao cultivo de millo e propiedade de Desamparados Barrio, xerme do actual estadio municipal da Lomba. Tamén ao feito de que é o club que máis tempo militou na Terceira División en Galicia, ou a súa participación na Segunda División Nacional e as sete tempadas que xogou na Segunda B. Igualmente, faise referencia a que grazas as súas relacións co Leixoes de Portugal naceu o irmandamento da cidade con Matosinhos, ou a súa contribución ao desenvolvemento local do deporte, xunto con outras entidades como o Liceo Marítimo ou o Club de Mar, que explica o nivel actual da práctica deportiva en Vilagarcía, con éxitos nacionais, europeos e ata mundiais.

Pero, sobre todo, na proposta faise mención aos case 25 presidentes e 300 directivos que dedicaron tempo persoal e da familia a traballar polo club, coidando dunha canteira pola que pasaron miles de rapaces, e pola cidade, cuxo nome levaron por toda España, e aos máis de 800 xogadores que participaron no primeiro equipo, uns vilagarciáns e outros non, pero que se converteron en embaixadores de Vilagarcía e ata moitos deles terminaron por establecer aquí os seus traballos e ata as súas familias.

Segundo o Regulamento de Protocolo, para que a concesión da medalla de ouro sexa efectiva, a proposta da Alcaldía debe contar co respaldo da maioría absoluta de pleno. O goberno local confía, con todo, en que o apoio sexa unánime.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -