_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Fexturrón! volve o vindeiro venres e ata o 9 de xaneiro, nun entorno seguro, con máis espazo e máis atraccións

O recinto feiral de Fexdega apura estes días a instalación de todas as atraccións con conforman o Fexturrón!, o gran parque de atraccións que animará o Nadal dende o vindeiro venres, 27 de novembro, ata o domingo 9 de xaneiro. A pista e o tobogán de xeo volverán a ser os principais reclamos, pero non faltarán clásicos como os autos de choque, os carruseis ou os trens. Igualmente, se repetirán os talleres de animación e, no seu regreso, o Fexturrón! incluirá tres novas atraccións, que serán presentadas, ao igual que o resto do programa, na vindeira semana.
20.11.2021. O certame é posible grazas a colaboración das concellerías de Promoción Económica, de Cultura e de Xuventude, coa organización técnica de C&C, con amplísima experiencia neste tipo de eventos, e a colaboración das empresas Mafari e Iluminaciones Santiaguesas.

Con lixeiros axustes para favorecer as compras de billetes e o cambio de moedas, os prezos practicamente serán os mesmos e ao estar subvencionados polo concello, moi inferiores aos que rexen en calquera feira de atraccións durante o ano. Ademais, haberá contacontos, talleres, maxia e outras actividades de carácter gratuíto. Os horarios tamén serán os mesmos, con apertura pola mañás para a pista e o tobogán de xeo, e polas tardes para a totalidade das atraccións, con peche ás dez da noite. Así mesmo, haberá un apartado social, para facilitar que os membros de diversos colectivos con diversas discapacidades –Lar, Bata, etcétera- participen igualmente da animación do Nadal.

Como é lóxico pola situación epidemiolóxica no que nos atopamos, as medidas de seguridade serán estritas: o Fexturrón! gozará de máis espazo e tamén de máis atraccións, con dispensadores de xel e numerosos monitores para que pais e nenos desfruten das atraccións non entorno seguro.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -