_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A urbanización e mellora da Rúa O Freixo complementarase cun lombo e a colocación de mobiliario

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o deputado provincial, Santos Héctor, visitaron este mediodía a Rúa O Freixo, en Vilaxoán, unha vía que grazas a un investimento de 150.000 euros realizado por Deputación e Concello, pasou de ser un camiño estreito e con graves deficiencias nos servizos, a unha ampla rúa dotada de beirarrúas e carri-bici e co saneamento completamente renovado. Esta actuación complementarase agora por parte do Concello coa instalación dun lombo para reducir a velocidade dos vehículos que circulen pola vía e con mobiliario urbano.
19.11.2021.- Xunto co alcalde e o deputado, participaron na visita a tenente de alcalde, Tania García, o concelleiro de Obras, Lino Mouriño, e o edil de Tráfico e representante de Vilaxoán, José María González, así como o presidente da asociación de veciños da localidade, Joaquín Santamaría “Quinote” e outro membro da directiva.

Precisamente foi o colectivo veciñal o que trasladara hai tempo ao goberno local a petición de que se resolvesen os problemas de inundacións e desbordamento da rede de augas residuais que se rexistraban frecuentemente na zona e que causaban importantes molestias aos veciños. Tratando de atender esta petición, o Concello atopouse coa dificultade de que o estreito camiño impedía acceder ás máquinas necesarias para cambiar as canalizacións do saneamento. Para superar este obstáculo, o executivo que preside Alberto Varela xestionou a adquisición dunha franxa de terreo para poder ensanchar a vía, unha medida que lle supuxo o desembolso de 15.000 euros das arcas municipais.
Desbloqueado este punto, optouse por desenvolver un proxecto moito máis ambicioso que a simple renovación das canalizacións dos servizos básicos, mediante a execución dunha completa obra de urbanización e mellora da accesibilidade. A actuación financiouse con cargo do Plan Concellos cun orzamento de 104.000 euros.

Os traballos transformaron por completo o camiño, que hoxe é unha vía ampla e perfectamente asfaltada, que dispón de carril-bici, alumeado público e beirarrúas accesíbles nas dúas marxes. As novas condicións fan que a rúa estea agora moito máis transitada por vehículos e tamén peóns, polo que o alcalde anunciou que xa está previsto complementar a obra coa construción dun lombo que obrigue as vehículos a circular a velocidade reducida, e tamén que xa están encargados bancos para colocar nas beirarrúas.

Santos Héctor expresou o seu agradecemento ao Concello por “destinar os fondos da Deputación a obras necesarias e importantes, reparando nos aspectos que non se ven que encarecen os proxectos, como é a renovación do saneamento, pero que melloran a calidade de vida dos veciños”. O deputado destacou especialmente a atención que Vilagarcía presta ás zonas da periferia e do rural con actuacións como esta ou a do saneamento de Pedramogueira, ámbalas dúas financiadas co Plan Concellos.

Neste punto o rexedor trasladou o agradecemento aos representantes da asociación de veciños ”pola súa insistencia en trasladarnos as necesidades da veciñanza” e tamén ao actual goberno da Deputación, “por permitir que sexamos os gobernos locais, os que mellor coñecemos as necesidades dos nosos pobos, os que decidamos onde investir os fondos do Plan Concellos. En relación a Vilaxoán, Varela lembrou os importantes investimentos realizados nos seus mandatos “para tratar de saldar unha débea histórica que o Concello tiña con esta localidade”, lembrando obras como a humanización de Vázquez Leis, a construción da Escola Infantil de Vilaxoán e a mellora da Rúa Sobrán que está a piques de comezar e “que terán continuidade no futuro con outras máis”, anunciou o alcalde.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -