_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello de Vilagarcía captou máis de 9 millóns de euros de financiamento externo nos últimos seis anos

Nos últimos seis anos, Vilagarcía obtivo máis de 9 millóns de euros de financiamento externo para a execución de proxectos promovidos polo Concello. A chegada deses fondos permite acelerar o desenvolvemento e a modernización de Vilagarcía, executando actuacións que só con fondos propios ou cos programas ordinarios doutras administracións tardarían moitos anos en facerse realidade, o que contribúe a que o posicionamento do municipio escale a bo ritmo no ránking das cidades máis avanzadas e con máis atractivo para xerar actividade e captar tamén investimentos privados.
13.11.2012.- Esta estratexia do goberno local de obtención de recursos extraordinarios diríxese a tódalas administracións públicas, dende a máis próxima, a Deputación Provincial, ata a Xunta e ao Estado, chegando por suposta á UE.

Europa

O executivo de Alberto Varela estreou con éxito esta liña de actuación coa obtención, a principios do seu primeiro mandado, dos 5 millóns de euros cos que a UE dotou ao proxecto "Vilagarcía Avanza" no marco da estratexia de desenvolvemento urbano sostible (EDUSI) financiado con fondos FEDER. A través deste programa, aínda en execución, realizáronse actuacións como as humanizacións da Praza da Independencia e das rúas Vázquez Leis (Vilaxoán) e Cervantes (Carril), o Paseo Marítimo de Canelas e as ciclovías, entre outras. A ampliación da piscina e a achega municipal para a remodelación do pavillón de Fontecarmoa tamén se financiarán con este programa.

As convocatorias que realiza a Unión Europea representan unha das principais fontes de captación de fondos externos para o Concello de Vilagarcía por iso no segundo mandato de Varela creouse á concellería de Xestión de Fondos Europeos dentro da área de Urbanismo e Mobilidade. O último proxecto presentado polo goberno que vén de ser aprobado coa concesión de 350.000 euros é o dos Camiños Escolares Seguros do Plan MOVES, tamén financiado con fondos FEDER.

O interese do executivo socialista de atraer para a cidade os maiores investimentos posibles fai que tamén concorra de forma colectiva a determinadas liñas de axudas, como por exemplo a través do convenio "FEDER EELL Iluminación Exterior Sostible" asinado coa Deputación e o IDAE para a aplicación de tecnoloxía led no alumeado público. Este programa, que se financia con fondos FEDER no marco das políticas de transición ecolóxica e eficiencia enerxética, permitirá a Vilagarcía dispor de 173.000 euros (máis 43.000 aportados por Concello e Deputación).

Estes algo máis de 5,5 millóns de euros que Vilagarcía recibiu de Europa poderían verse incrementados e breve cos fondos Next Generation que a UE habilitou para favorecer a reactivación económica dos países membros tras a pandemia. Vilagarcía concorre a esta liña de axudas con dúas propostas, unha enmarcada no Plan Nacional Turístico Xacobeo, con actuacións valoradas en 3,4 millóns de euros, e outra para a reactivación do sector comercial, cun orzamento de 815.000 euros máis. De aprobarse ámbalas dúas, os fondos captados da UE rondarían elevaríanse os 9 millóns de euros.

Achegas do Estado

A procura de fondos externos realizada polo Concello de Vilagarcía ten tamén como destinatario ao Estado. Entre as axudas obtidas a raíz das xestións realizadas polo executivo neste período cómpre salientar os 1.285.681 euros para a Rexeneración Integral do Paseo Marítimo de Vilagarcía a Carril (cuxa segunda fase xa se adxudicou e comezará a executarse en breve), os 112.000 que Costas destinou á rexeneración da Praia do Preguntoiro, ou os 50.000 euros destinados á supresión de barreiras paisaxísticas na liña costeira coa demolición do edificio do acuario da Compostela.

Independentemente dos investimentos que lle corresponden en materia competencial, o Concello tamén aproveita outro tipo de axudas que convoca a administración autonómica, por exemplo sumándose ás convocatorias do Inega para a aplicación de medidas de eficiencia enerxética. Nos últimos anos obtivéronse deste organismo 160.000 euros para aplicación de tecnoloxía led no alumeado público e en edificios municipais, así como para a instalacións de estufas de biomasa.

E tamén se petou na porta do AGADER para conseguir os preto de 200.000 euros cos que se complementou a mellora da rede viaria rural con actuacións na Rúa Xiabre, camiño de Santa Mariña, Perrón, Rúa Antuín e Rúa Carballas e o camiño Cuíña-Casal; do mesmo xeito que a Axencia de Turismo de Galicia aprobou a concesión de 11.000 euros para unha actuación de posta en valor dos cruceiros do municipio.

A Deputación de Pontevedra, a administración inmediatamente superior ao Concello, aparte do sistema de reparto anual de fondos que fai entre os municipios da súa área co Plan Concello, convoca outras liñas de axudas extraordinarias ás que o Concello de Vilagarcía tamén recorre. A máis recente, o REACPON, un programa grazas ao cal Vilagarcía vén de obter 1.237.690 euros para a construción da nova Biblioteca Municipal.

Entre outras axudas conseguidas do organismo provincial atópanse, por exemplo os 266.00 euros do programa Deporense co que se mellorou a accesibilidade e a seguridade viaria de Fexdega e das dúas da contorna, os 200.000 euros da Vía Verde ou os 18.000 para a posta en valor do edificio histórico da Casa Consistorial.

Intenso traballo que implica a goberno e departamentos municipais

Os bos resultados que o Concello de Vilagarcía está a obter con esta estratexia de captación de fondos son froito dun intenso e continuado traballo realizado durante todo o ano e que implica ao goberno local, que é quen dirixe e decide sobre as propostas, pero tamén a moitos departamentos municipais que prestan soporte a estas iniciativas.

A primeira e primordial labor para que a estratexia teña éxito é estar ao corrente de todas as liñas de axudas que van saíndo en todas as administracións. A partir de aí, comprobar cales delas se axustan aos intereses de Vilagarcía en base ao modelo de cidade que desenvolve o equipo de Alberto Varela e concorden cos políticas europeas que están a promover actuacións que incidan no desenvolvemento de economías sostibles, baixas e emisións de carbono, que potencien o urbanismos pensado para as persoas e a mobilidade baseada e medios de transporte alternativos, como a bicicleta.

O traballo máis complexo é o de deseñar unha proposta de calidade, con actuacións perfectamente definidas que se adapten ás bases da convocatoria e que estean convenientemente xustificadas; un traballo especialmente importante nos proxectos quen optan a financiamento europeo, que contan cuns requisitos moi estritos, e que é esencial para que se conceda o financiamento. E finalmente, unha vez conseguidos os fondos, comeza outra intensa labor relativa á tramitación e execución das iniciativas.

Un "extra" que se suma ás subvencións ordinarias e plans periódicos

Estes máis de 9 millóns de euros correspóndense a programas extraordinarios convocados por administracións como a UE, o Estado, a Xunta ou a Deputación, polo que supoñen un extra a maiores das subvencións ou programas de axudas que estas mesmas administracións convocan periodicamente, como poden ser, por citar algún exemplo, o Plan Concellos da Deputación ou os programas autonómicos dos obradoiros de emprego, aos que o Concello de Vilagarcía tamén concorre e dos que se beneficia anualmente con importantes sumas.

Do mesmo xeito, a esta liña de captación de fondos externos súmanse ás xestións que o executivo socialista realiza ante outras administracións para conseguir investimentos en materia das competencias de cada unha delas, como por exemplo as negociacións promovidas polo equipo de Varela Paz para conseguir que a Consellería de Sanidade constrúa o novo centro de saúde na Comandancia, un proxecto que se materializará en pouco tempo e que suporá un importante investimento e a atención dunha demanda histórica.

Nesta outra liña de xestión para conseguir fondos para actuacións puntuais en Vilagarcía que non entran en ningunha convocatoria concreta de axudas, cómpre apuntar tamén o compromiso logrado da Dirección Xeral de Deportes para cofinanciar a obra da reforma do pavillón número 1 de Fontecarmoa, cuxo convenio se firmará en cuestión de semanas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -