_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A vilagarciá Olalla Buceta asina a obra que homenaxeará a loita social contra o narcotráfico

A obra titulada “Voltasquedavida”, da artista vilagarciá Olalla Buceta López, foi seleccionada para erixirse na homenaxe escultórica que o Concello de Vilagarcía dedicará á sociedade arousá pola súa loita contra o narcotráfico. O xurado reuniuse esta mañá para avaliar as seis maquetas que concorreron ao concurso dotado cun premio de 15.000 euros. Unha vez fallado o certame, a gañadora disporá do prazo máximo de 6 meses para confeccionar e instalar a obra nos Xardíns de Ravella, emprazamento acordado pola Corporación Municipal.
11.11.2021.- Os requisitos recollidos nas bases co concurso para o deseño do monolito esixían que os traballos, ademais de ser inéditos, tiñan que incorporar como motivo artístico unha árbore coa letra “V” simbolizando a vida e a cor verde da esperanza, e integrar no logo FGCN o lema da primeira manifestación celebrada en Vilagarcía en protesta contra o narcotráfico: “Galicia contra as drogas”.

A obra de Olalla Buceta estrutúrase en dúas ramas dunha árbore unidas en forma de “v” e que semellan tamén os brazos alzados como símbolo da loita. O material elixido pola autora, o aceiro cortén, permite tamén representar a textura e a cor da cortiza da árbore como elemento protector. Segundo explica a creadora, a forma circular do monolito invita a dar voltas ao seu redor, igual que as voltas que dá a vida. E o título elixido xoga coas palabras lanzando unha mensaxe positiva co “queda vida”.

O xurado do certame estivo presidido pola tenente de alcalde, Tania García, sendo tamén membros a concelleira de Cultura, Sonia Outón, un representante de cada grupo municipal, outro da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o Arquitecto Municipal e unha Licenciada en Belas Artes por delegación da Alcaldía.

O monolito final terá unha altura máxima de 1,5 metros de alto e colocarase sobre unha peana de 15 centímetros. Unha vez que a creación estea lista, organizarase un acto público para a colocación e descubremento do monolito nos Xardíns de Ravella.

Co fallo do concurso dase o penúltimo paso para dar cumprimento ao acordo plenario, adoptado por unanimidade da Corporación o 31 de decembro de 2019, no que se declaraba o recoñecemento do Concello de Vilagarcía á loita desenvolvida pola sociedade civil agrupada en torno á Plataforma Galega Contra o Narcotráfico, organismo creado en 1994 e integrado por veciños, asociacións e institucións de diversos municipios da Ría e do resto de Galicia para denunciar e combater os efectos que a actividade do narcotráfico estaba a ter na economía local e na vida e saúde de moitas persoas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -