_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O Concello convoca o IV concurso de Decoración de Nadal para comercio e hostalaría

A Concellería de Promoción Económica convoca a terceira edición do IV Concurso de Decoración do Nadal destinado a que locais comerciais, de restauración, praceiros e hostalería contribúan a crear ambiente navideño decorando os seus escaparates, fachadas e acceso aos establecementos, así como para contribuír a dinamizar a actividade comercial. Para fomentar a participación, o Concello concederá 5 premios en metálico ás mellores decoracións, repartido un total de 1.785 euros. Os interesados poden inscribirse a través da sede electrónica ata o vindeiro 3 de decembro.
10.11.2021.- Con esta iniciativa, ademais de dinamizar a actividades nos locais participantes, a concellería que dirixe Alba Briones, pretende que a iluminación de Nadal que pon o Concello nas rúas e prazas da cidade se vexa complementada coa decoración dos exteriores dos establecementos, creando así moito máis ambiente navideño nas rúas da cidade.

Entre os requisitos a cumprir polos participantes están manter a decoración de Nadal do 3 de decembro ao 6 de xaneiro, como mínimo, e ter a iluminación prendida ata as 22.00 horas. Tamén terán que poñer nunha zona visible do escaparate ou a entrada ao local o cartel que lles entregará o Concello e que os identifica como participantes no concurso. Ademais, deberán presentar pola sede electrónica dúas fotografías do establecemento decorado, trámite para o que dispoñen de prazo ata o día 3 de decembro.

O xurado visitará os locais participantes para avaliar a decoración. Valoraranse aspectos como si se decora só un elemento ou todos (escaparate, fachada e acceso), a iluminación, o uso de materiais naturais e de reciclaxe e a innovación e deseño. O establecemento mellor valorado obterá o primeiro premio, dotado con 595 euros. A maiores concederanse dous segundos premios por importe de 395 euros cada un, e outros dous terceiros de 200 euros.

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión deste luns as bases do concurso, documento que se poderá consultar a través da sede.vilagarcia.gal.
As inscricións no concurso formalizaranse mediante solicitude (instancia xenérica- formulario 01001) presentada a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal) debidamente cumprimentada e asinada. O prazo remata o 3 de decembro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -