_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Outono Micolóxico de A Cantarela estoura cunha intensa axenda de actividades a partir desta fin de semana

A asociación A Cantarela concentra na vindeira semana os actos principais do seu Outono Micolóxico. Maila que debido á pandemia, tampouco este ano haberá a tradicional festa gastronómica cos seus correspondentes concursos de cociña e cestas, mantéñense todas as exposicións e tamén o interesante ciclo de conferencias micolóxicas que este ano rematará cun showcooking sobre cociña en frío con cogomelos a cargo de Pachi, o cociñeiro da asociación.
09.11.2021.- Tras as dúas saídas micolóxicas organizadas nas anteriores fins de semana para coller setas, o Outono Micolóxico da Cantarela ábrese o domingo, 14 de novembro, ás 12.30 horas coa inauguración das tradicionais mostras que se poderán visitar no Auditorio Municipal. Como xa é tradición, a oferta de exposicións inclúe os traballos presentados aos concursos de fotografía micolóxica e de debuxo escolar, que se completan coa mostra de cogomelos. Láminas e maquetas serán ouros dos elementos a exhibir.

A sala de conferencias do Auditorio acollerá as conferencias do ciclo que se desenvolverá do luns ao venres, co inicio previsto ás 20.30 horas. A inauguración do programa corre a cargo de Ramón C. Encisa Fraga, membro histórico de A Cantarela, que o luns, 15 de novembro ofrecerá unhas nocións básicas sobre “Iniciación á micoloxía”. O martes será José María Costa Lago, da asociación micolóxica Pan de Raposo o que diserte sobre un tema tan importante como “As intoxicacións por cogomelos”; e o mércores, José Castro Ferreiro, da asociación Micolóxica Lucus, continuará o ciclo falando das “Curiosidades dos cogomelos”. A “Vexetación invasora nos nosos ríos” será a temática que abordará Rubén Villasenín Iglesias, da asociación Medioambiental Ambul, na conferencia do xoves, 18 de novembro. E o ciclo rematará cun interesante showccoking sobre “Cociña en frío con cogomelos” que impartirá Pachi, o encomiado cociñeiro de A Cantarela.

A programación péchase o sábado 27 co acto de clausura e entrega de premios dos concursos de fotografía e debuxo escolar nun acto que terá lugar ás 12.30 horas. E o Outono Micolóxico despedirase ata o ano que ven co ton de celebración xa tradicional da Comida Micolóxica que se celebrará o domingo 28 no restaurante Acebo. Para asistir ao almorzo poderanse retirar as invitacións do 14 ao 19 de novembro no Auditorio. O prezo para socios é de 30 euros e 40 para o resto dos asistentes.

Axuda na identificación de setas ata finais de ano

Maila que a programación do Outono Micolóxico remata aquí, A Cantarela continúa prestando ata finais de ano un servizo de identificación de setas para aquelas persoas que desexen confirmar as especies que recolleron no campo. Membros da asociación estarán dispoñibles para realizar a identificacións todos os luns de novembro e decembro na sede de A Cantarela (no 2º andar do número 24 da Avenida Rosalía de Castro) entre as 19 e as 20 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -