_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O saneamento das árbores de Ravella comeza o luns coas podas e talas aconselladas no informe técnico de Arbogal

Técnicos da empresa especializada na xestión integral de árboredas, Arbogal, contratada polo Concello para avaliar o estado dos plátanos do Xardín de Ravella, visitaron esta mañá o parque para avanzar ao concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, e á responsable do servizo de Xardíns as conclusións dos estudos realizados días atrás. Co obxecto de garantir a seguridade destas zonas públicas, o Concello iniciará o luns a executar as medidas propostas pola firma, sendo as principais e máis urxentes a tala dos exemplares insalvables e que presentan moito risco de rotura e a realización de podas para aliviar a carga das copas doutros.
06.11.2012.- Persoal do servizo municipal de Xardíns será o encargado de levar a cabo os primeiros traballos seguindo as especificacións sinalizadas no informe da firma pontevedresa. Nesta primeira fase, os técnicos apuntan a necesidade de talar catro plátanos situados no interior dos parterres de céspede que dan ao fronte da fachada do Concello. Son dous árbores a cada lado do corredor do parque que, aínda que non son dos máis antigos nin os de maior porte, atópanse en peor estado. De feito, os técnicos de Arbogal os califican de “insalvables” debido á esaxerada podremia que presenta o tronco dun deles en toda a súa extensión e circunferencia e tamén nas principais ramas e puntos de ancoraxe ao tronco dos outros. Estas grandes oquedades convértenos en especialmente fráxiles e, polo tanto perigosos.

Como se ven facendo en todos os casos que hai que talar unha árbore nun parque público, o exemplar eliminado será substituído por outro novo, de poder ser, da mesma especie, ou doutra que se adapte mellor ás características da contorna.

A maiores destas talas e tendo presente que, segundo corroboraron os técnicos, todo o arborado de Ravella está moi afectado por fungos que son a causa da avanzada podremia de ramas e troncos, realizaranse outro tipo de medidas, dependentes da gravidade de cada caso, tendentes a garantir o máximo de seguridade e de tratar de conservar os exemplares o maior tempo posible. A seguinte medida, que tamén levará a cabo o persoal municipal, será a corta de ramas afectadas para reducir o peso das copas dos plátanos que están moi sobrecargadas polo crecemento horizontal. Con este “rareo”, ademais de reducir a carga da ramaxe, tamén se logra aliviar á resistencia ao vento, que penetrará máis fácil e exercerá menos presión sobre as ponlas. Estas técnicas aplicaranse ao plátano de maior porte de Ravella, o que esta nun dos vórtices do xardín que dan ao consistorio e que actualmente está precintado.

Unha vez realizados estes traballos urxentes, serán os técnicos de Argobal os que completen a actuación instalando un sistema de cableado dinámico nas copas das árbores para repartir entre as ramas a resistencia que ofrece o seu propio peso e a acción do vento.

Xa no que se refire ao mantemento a realizar a posteriori desta actuación, os técnicos recomendan cambiar o sistema de “poda cabeza de gato” que se estaba a usar. Con esta técnica córtanse unicamente as ramas secundarias, mantendo as principais que compoñen a estrutura da árbore. Tendo en conta que as ramas principais son as que están afectadas, aconséllanse realizar podas que baixen ata os puntos de ancoraxe de ramas e tronco para reducir o efecto panca e previr tronzamentos.

Ciclo natural

O Faustino Meis, técnico de Arbogal, incidiu en que as árbores son seres vivos e que, como as persoas, a determinada idade comezan a sufrir enfermidades e a deteriorarse ata que acaban por morrer. Especialmente no caso dos parques e xardíns, debe actuarse para previr situacións que poñan en risco a integridade das persoas que os frecuentan. Ademais, sinalou que os fungos que atacan ás árbores e causan a podremia, unha vez que aparecen, non se poden erradicar. Como nunha enfermidade terminal, pódense tratar para frear o seu avance no caso de que aínda se poida alongar a vida do exemplar sen que existan riscos de consideración, pero inevitablemente a afección continuará avanzando e si a árbore é vella, resistirá menos.

Actuacións similares en Praza de España e a Alameda

A empresa contratada polo Concello tamén se encargará de avaliar o estado dos plátanos da Praza de España e da Alameda para determinar o seu estado e concretar as posibles medidas que haxa que adoptar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -