_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Fexdega prepárase para acoller aos 1.173 aspirantes a cubrir 6 prazas de auxiliar administrativo no Concello de Vilagarcía

O persoal municipal adscrito ao recinto de Fexdega traballa arreo estes días na intendencia e os preparativos para acoller as probas da oposición convocada polo Concello de Vilagarcía para cubrir 6 prazas de auxiliar administrativo. Un total de 1.173 persoas inscribíronse para participar no proceso selectivo que celebrará o vindeiro venres, 5 de novembro, o primeiro exame. O persoal do recinto da Maroma xa ten organizado itinerarios e disposición das cadeiras para acoller aos opositores garantindo tanto as precaucións polo Covid como as normas para a celebración da proba.
03.11.2021.- Esta tarde rematará a colocación das 1.200 cadeiras que ocuparán todo o pavillón de Fexdega, tendo en conta a necesaria separación de 2 metros entre cada unha delas, e a habilitación de corredores de paso de 4 metros de ancho entre cada cuadrante, que estará composto por 144 cadeiras. Tamén se habilita unha tarima para os membros do tribunal.

O dispositivo para a celebración do exame do venres inclúe, así mesmo a organización da entrada, control de acceso e toma de datos dos participantes e saída. O acceso ás instalacións será pola porta principal e realizase en tres filas diferentes que estarán convenientemente sinalizadas. A apertura de portas está prevista para as 9.45 da mañá e o inicio da proba para as 12. O tempo entremedias é necesario para realizar o control de identidade dos participantes e ir colocándoos nos seus respectivos postos.

O exame do venres consiste nun test de 100 preguntas que será eliminatorio, pasando a celebrar a segunda proba, a informática, os que superen o primeiro.
A desta semana é, sen dúbida algunha, a oposición convocada polo Concello de Vilagarcía que máis afluencia de participantes sumou ata o de agora.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -