_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO RURAL
O Concello programa a limpeza de regatos como medida para previr as inundacións

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vilagarcía volve a poñer en marcha a campaña anual de limpeza de regatos do municipio co obxectivo de previr e reducir o risco de inundacións coa chegada da tempada de choivas. Seguindo o procedemento dos últimos anos, a proposta vénse de comunicar a Augas de Galicia, organismo competente na materia, para poder comezar canto antes cos traballos que se desenvolverán nos tramos máis problemáticos dos leitos do río Con e dos regatos de Cornazo, Santa Mariña, Tripeira e Faxilde.
03.11.2021.- Pese a tratarse dunha competencia exclusiva de Augas de Galicia, o Concello leva uns anos colaborando co organismo autónomo, asumindo a limpeza de varios regatos do municipio, co obxectivo de garantir o seu bo estado durante a temporada de chuvias e para reducir os riscos de desbordamentos. A Concellería de Medio Ambiente comunica anualmente ao departamento autonómico as zonas que limpará con medios propios, á vez que lle solicita que actúe nos restantes puntos conflitivos, especialmente naquelas zonas onde se precisan traballos mecánicos, posto que a intervención dos operarios municipais faise exclusivamente de forma manual. Nos últimos anos, Augas de Galicia completou a actuación municipal con labores propias, especialmente en zonas de difícil acceso ou nos que é preciso utilizar maquinaria.

Os tramos que se encargará de acondicionar o Concello son o curso baixo do río Con (dende a zona da Laxe ata a desembocadura), o traxecto do regato de Cornazo que discorre entre Cornazo de Abaixo e Fexdega, e o tramo do Santa Mariña que baixa dende o lugar do mesmo nome, atravesa a parroquia da Xunqueira e desemboca no estanque do Parque da Xunqueira. Os operarios municipais tamén se encargarán de cortar maleza e limpar os restos acumulados no leito do Tripeira, en Guillán, e do regato de Faxilde, no tramo que vai dende Fonte Faxilde ata a rúa O Freixo, nas inmediacións da praia do Preguntoiro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -