_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello renova o convenio coa Protectora de Animais pola xestión do Refuxio Municipal de Pinar do Rei

A Xunta de Goberno Local de Vilagarcia aprobou hoxe renovar o convenio de colaboración coa Asociación Protectora de Animais para a xestión do Refuxio Municipal de Animais de Pinar do Rei durante o ano 2021. Segundo o acordo, o Concello aporta 25.000 euros para contribuír ao financiamento dos custes de funcionamento e mantemento das instalacións, así como para que a Protectora desenvolva a protocolo CES (captura, esterilización e solta) para o control de poboación das colonias gatunas do municipio.
02.11.2021.- A maiores da subvención de 25.000 euros, e como xa se vén facendo dende hai anos, o Concello asume o pago dos recibos de electricidade, auga e saneamento, así como dos demais tributos que graven as instalacións e unha póliza de seguro para o continente. A colaboración da administración local complétase co compromiso de desprazamento e entrega dos animais recollidos nas rúas por parte do Servizo Municipal de Emerxencias, e co do financiamento dos custes de xestión en instalacións autorizadas dos cadáveres dos animais que falezan na canceira. Por último, o Concello encárgase do mantemento periódico da rede de saneamento e da fosa séptica do refuxio e de realizar os arranxos que sexa necesario.

Pola súa banda, a Protectora de Animais debe prestar o servizo de recollida e coidado dos animais que lle sexan entregados, encargándose da manutención, limpeza, atención veterinaria, etc…, cumprindo en todo momento a lexislación vixente na materia de protección de animais. Como xa se dixo, tamén terán que aplicar o protocolo CES para o control das colonias felinas no municipio.

No que ás instalacións municipais se refire, a asociación debe mantelas correctamente e velar pola súa conservación dos equipos, así como contar cun seguro para garantir o contido do inmoble e outro de responsabilidade civil.

A maiores deste convenio anual, o Concello colabora coa Protectora ao longo do ano en outras moitas actuacións, como o investimento levado a cabo para mellorar e adaptar as instalacións, de xeito que a canceira municipal puidera obter en 2018 a declaración de Núcleo Zoolóxico, que homologa e certifica tanto o cumprimento dos protocolos sanitarios como a calidade dos servizos e instalacións para poder acollerse ao sistema de adopción internacional de animais. Para que isto fose posible foi preciso habilitar un quirófano, sala de corentena e realizar outras melloras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -