_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación recupera a actividade física para adultos a partir do 8 de novembro con dúas novas propostas

Tras o parón da pandemia, a Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía recupera a partir do 8 de novembro as actividades físicas para adultos. A volta á normalidade farase de forma gradual, cunha primeira etapa, ata finais de ano, na que se impartirán dúas únicas actividades adaptadas ás condicións dos asistentes: Acondicionamento físico xeral e Movemento intelixente. A asistencia será de balde, pero será necesario apuntarse previamente, trámite que os interesados poderán realizar a partir do 2 de novembro na sede da Fundación, sita en Fexdega, ou a través dos enderezos electrónicos fdactividades@vilagarcia.gal ou torneosdeportes@vilagarcia.gal
30.10.2021.- A proposta destas dúas únicas actividades a realizar ata finais de ano débese a dúas razóns: A primeira a de cubrir estes dous meses que quedan do ano con actividades sen necesidade de ter que tramitar o carné da Fundación por este período para ter que volver a facelo en xaneiro. E a segunda, facilitar que a volta á practica deportiva, especialmente a das persoas maiores, se faga de xeito gradual e seguro tras os meses de inactividade, para o cal é necesario ir adaptando o corpo. Deste xeito, prográmase a actividade de Acondicionamento físico xeral, una clase na que se realizarán diferentes tipos de exercicios, máis ou menos activos, para ir recuperando o ton físico de aquelas persoas que se atopen nas condicións axeitadas. A actividade de Movemento Intelixente está máis orientada á realización de exercicios de relaxación, estiramentos, corrección postural e pilates.

Como se viña facendo antes da pandemia, as sesións impartiranse de luns a venres en horario de mañá e de tarde, con diferentes horarios que van das 9 ás 11 da mañá e das 17.30 ás 21.00 horas, de xeito que cada persoa poida adaptalas ás súas necesidades e obrigas. De igual forma, poderán elixir o lugar que mellor lles veña posto que se desenvolverán nos pavillóns deportivos de Castelao, Fontecarmoa e Carril, así como no centro sociocultural de Guillán e as instalacións do colexio do Piñeiriño.

Cada participante poderá anotarse a un máximo de días sesións á semana para o cal deberán inscribirse previamente a través dos medios anteriormente citados. O calendario e horarios das clases están dispoñibles nas oficinas da Fundación.

Rematado o ano en curso, recuperarase o programa habitual de actividades para o cal se abrirá o correspondente prazo de inscrición nelas así como o de tramitación do carné da Fundación de Deportes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -