_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O informe sobre A Lomba di que “a única solución válida” é facer unha “reconstrución integral” do campo de fútbol

O informe sobre o estado do céspede do estadio municipal da Lomba, solicitado polo Concello a instancias do propio Arousa SC, é concluínte: “la única solución válida es ejecutar una reconstrucción integral del terreno de juego”. O autor do ditame e Calderón e Asociados, unha empresa con amplia e recoñecida experiencia, responsable –entre outras- da cidade deportiva Afouteza, do Celta, e do Estadio de Balaídos. O encargo a esta empresa especializada foi suxerido polo propio Arousa SC. O custe da execución dos traballos suporía un desembolso de 538.000 euros, aos que habería que sumar o proxecto técnico e o custe do mantemento anual, valorado entre 80.000 e 100.000 euros máis.
29.10.2021. A este informe referiuse onte o alcalde, Alberto Varela, no debate propiciado por unha moción do Partido Popular, aprobada por unanimidade, na que se pedían actuacións para acabar co mal estado que presenta o campo; unha situación que, como dixo o rexedor, non é puntual, senón estrutural. E así referenda tamén o informe de Calderón e Asociados.

No ditame, lémbrase que o terreo de xogo da Lomba foi construído “hace ya más de 16 años” e, aínda descoñecendo o sistema construtivo escollido no seu momento, o que queda claro é que o seu estado actual non é o máis axeitado para a práctica deportiva “y menos a nivel profesional, debido a múltiples razones”. Entre outras, o técnico que asina o informe, Julio Calderón, sinala “el intenso uso deportivo” y a escasa drenabilidade do terreo de xogo “que dificulta en gran medida el juego en época de lluvias, estando el terreno muy blando y con barro en superficie”.

Para o técnico, as principais razóns do estado actual do campo son as variacións nas pendentes do campo ao longo do tempo, o que dificulta o desaugue; o propio sistema de drenaxe do campo, que impide a correcta filtración da auga cara fóra do campo e produce o seu embarroamento; a presenza da capa negra ou black layer no perfil do solo, unha capa que existe en todos os solos de orixe mineral (area, neste caso) e que debe ser eliminada cada ano a risco de producir asfixia radicular do céspede; e a falta axeitada de densidade da herba para a práctica do fútbol. Para rematar a análise, Calderón subliña: “Los terrenos de juego, en este caso el campo de fútbol de A Lomba, deben ser objeto de reconstrucción total (cajeado) con una periodicidad máxima de entre 8-10 años, que es la vida útil en condiciones óptimas de uso. Es decir, cada 10 años es necesaria la reconstrucción total para que vuelva a ser funcional el sistema de drenaje, la planimetría, el sistema de riego, etcétera.”

Para dar solución “válida” á actual situación do campo, Calderón e Asociados se remiten ás recomendacións da Asociación de Golf de Estados Unidos, que ten os estándares máis altos de calidade do mundo, e que resume nun método construtivo coñecido profesionalmente como Capa Freática Suspendida. Isto significa que habería que escavar A Lomba ata unha cota de 40/50 centímetros, formar unha drenaxe, instalar unha de xeotextil, aportar diversas capas de áridos, estender unha zona de enraizamento con turba negra mesturada cun novo aporte de area. A partir de aí se instalarían as arquetas e todo o sistema de drenaxe perimetral, as redes de electricidade e rega; se faría a nivelación final do terreo; se sementaría a herba (raygrass inglés e Poa pratense); e, finalmente, se instalaría o equipamento deportivo (porterías, bandeiras, etcétera).

Na sesión plenaria no que se deu a coñecer este informe, o alcalde incidiu no alto custe deste investimento, subliñou que o concello debería asumir, en consecuencia, un gasto de 450.000 euros cada 8 ou 10 anos, e chamou a atención sobre a necesidade de fixar prioridades tamén no ámbito deportivo.





4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -