_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O concello reduciu 1,3 millóns de kw o consumo de electricidade en só 6 anos

Nos últimos seis anos, o Concello de Vilagarcía reduciu o consumo de enerxía eléctrica en 1,3 millóns de kilowatios, pasando de 7 a 5,7. Este é un dos moitos datos significativos que figuran nos traballos previos para que Vilagarcía deseñe o seu plan de actuación dentro do denominado Pacto das Alcaldías para o Clima a Enerxía, ao que se adheriu en marzo pasado e no que participan máis de 10.000 entidades locais de 60 países do mundo. O estudio previo demostra que as medidas adoptadas nos últimos anos polo concello van no bo camiño dese pacto, que ten por obxectivo reducir nun 40% as emisións de CO2 para o ano 2030.
23.10.2021. O informe, elaborado pola empresa Inova, encargada a súa vez pola Oficina do Pacto, que depende da Xunta de Galicia con financiación europea, tamén rebela algúns datos moi interesantes. Por exemplo, que nos últimos 30 anos a temperatura media de Vilagarcía de Arousa subiu un grao, o que dá unha idea de ata que punto o cambio climático é unha realidade á que hai que facerlle fronte polo que significa de xeración de riscos como inundacións ou incendios, as modificacións da liña de costa ou, en xeral, a perda de calidade de vida.

MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN
Para afrontar ese reto, dende o Pacto das Alcaldías formúlanse dúas liñas de accións. Unhas teñen que ver coa mitigación dos efectivos negativos do cambio climático; as outras, coa adaptación á nova realidade. As actuacións que se propoñen demostran que as políticas desenvolvidas polo goberno de Alberto Varela nestes últimos seis anos van na boa liña do que esixe a Axenda 2030. Así, ese pacto global das entidades locais propugna, dentro das accións de MITIGACIÓN, a renovación da iluminación nos edificios públicos, a instalación de paneis de enerxía solar, o uso de biomasa para a calefacción, a substitución de vehículos por outros eléctricos ou de enerxías renovables, a promoción do uso da bicicleta e o transporte a pé, ou fomento da reciclaxe no tratamento do lixo. Como é coñecido, estas son políticas que xa ven desenvolvendo o concello dende hai anos. O exemplo do consumo eléctrico é ben explicativo: con renovacións de luminarias e sistemas de bombeo, a revisión dos contratos, adaptándoos ás verdadeiras necesidades dos servizos, e outras medidas de aforro, o concello reduciu o gasto de 7 a 5,7 millóns de kw, o que supón diminuír tamén a factura arredor de 40.000 euros por ano.

Entre as accións de ADAPTACIÓN, é dicir, as destinadas a incrementar a resiliencia do concello diante do cambio climático, figuran incluír criterios climáticos nos contratos municipais, unha mellor xestión do uso da enerxía e o control de prezos, un sistema de rega intelixente nas zonas verdes ou incluír os riscos climáticos nos plans de emerxencias.

Con todo, e malia indicar que Vilagarcía está facendo correctamente as cousas, no traballo preliminar do Pacto referido á municipio hai datos que, aínda ser comúns á maioría das entidades, subliñan a necesidade de implicar a toda a cidadanía para lograr os retos da Axenda 2030. Así, do total de emisións de CO2 á atmosfera, a aportación dos edificios e servizos municipais é mínima (o que mais, a alumado público, que supón só o 2%), fronte ao 50,5% que emite o transporte privado e comercial e o 40% que suman os edificios residenciais.

ENQUISA PÚBLICA
Precisamente porque mitigar os efectos negativos do cambio climático e adaptarse á nova realidade, o Concello vén de lanzar unha enquisa, similar á desenvolvida polas outras entidades locais integrantes do Pacto, para coñecer a opinión dos vilagarciáns. A enquisa pode consultarse e complementarse na web oficial do concello http://www.vilagarcia.gal . Nela, os interesados poden expresar libremente as súas opinións sobre como perciben a cidade actualmente, cales son as súas inquedanzas para o futuro, que medidas creen que hai que adoptar e cales estarían dispostos a apoiar.


O goberno local anima á veciñanza a participar, por canto os retos que o
concello como colectividade ten por diante non son menores. As proxeccións para o futuro, baseadas en estatísticas como a que demostra que a temperatura media subiu 1 grao en 30 anos, son ben significativas: de seguir como estamos, sen tomar medidas, para o ano 2100 as precipitacións poderían baixar entre un 3 e un 5% e as temperaturas máximas subir entre 1,5 e 3,5 graos; e pasaríamos de 37 noites cálidas ao ano a entre 68 e 84, mentres que as noites de xeada (12,3 actualmente) se reducirían á menos da metade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -