_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Vilagarcía obtén 380.442 euros máis para o servizo de axuda no fogar grazas á negociación da Fegamp

O Concello de Vilagarcía contará nos vindeiros catro anos con máis orzamento para financiar o Servizo de Axuda no Fogar. En total serán 380.442 euros que virán a sumarse de forma gradual ao 1.213.398 euros que os Servizos Sociais Municipais destinan anualmente a costear a prestación que na actualidade da cobertura a 144 persoas maiores e/ou dependentes. Este incremento dos fondos non suporá unha sobrecarga a maiores no orzamento do Concello posto que se obtén grazas ás xestións levadas a cabo pola Fegamp para que a administración autonómica aumente a aportación que fai aos municipios para financiar ao SAF.
22.10.2021.- Aínda que unha parte do SAF finánciase cunha achega que dan Xunta e Estado, o peso que os concellos teñen que completar o custe da prestación, un montante que veu incrementado de forma moi importante nos últimos anos, tanto pola elevación do prezo da hora do servizo, como polo aumento constante do número de usuarios dende a entrada en vigor da Lei de Dependencia. Este incremento do gasto foi asumido polos concellos, chegando a supoñer un lastre moi pesado para as súas economías, especialmente para os municipios de menor entidade e que dispoñen dun orzamentos reducidos. Neste contexto enmarcáronse as negociacións da Fegamp para conseguir que a administración autonómica elevase a súa participación.

O acordo asinado este mediodía entre o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a Conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García, beneficiará a todos os municipios de Galicia en función do número de usuarios do SAF que teñan. Ademais, grazas á presión realizada, conseguiuse que o incremento teña carácter retroactivo e comece xa a aplicarse con data a contar a partir do 1 de xaneiro do ano en curso.

Así, a subvención correspondente ao ano 2021 sufrirá unha suba de 1,30 euros por hora traballada, deixando a subvención do prezo por hora traballada en 11 euros, a mesma que se abonará aos concellos en 2022. O incremento previsto para o seguinte ano elevará de novo a subvención ata os 11,5 euros hora, e para 2024 esta chegará aos 12 euros.

Segundo este acordo, a administración autonómica deberá transferir ao Concello de Vilagarcía 73.817,11 euros máis dos previstos para este ano, a mesma cifra que deberá sumar á partida correspondente ao ano 2022. Mentres que os incrementos estimados para os dous anos seguintes serán de 102.208,30 e 130.599,59 euros respectivamente.

A concelleira de Servizos Sociais, Tania García, valorou moi positivamente o acordo logrado pola Fegam “porque virá aliviar unha carga que xa era grande para os concellos e que se veu incrementada a consecuencia da pandemia, debido principalmente aos custes das medidas de protección e seguridade que disparou os prezos da hora do servizo, algo que debería ter asumido a Xunta dende o principio”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -