_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación de Deportes inicia a volta á normalidade coas escolas deportivas para a rapazada de 4 a 15 anos

O levantamento da alarma sanitaria en Galicia permite que a Fundación Municipal de Deportes poida retomar a actividade. A volta á antiga normalidade comeza coa posta en marcha das distintas escolas deportivas para a rapazada de 4 a 15 anos de idade, que comezarán o 8 de novembro, unha vez formalizadas as inscricións cuxo prazo se abre hoxe mesmo e rematará o día 2 de novembro. A actividade física para adultos comezará tamén nesa semana, pero cunha proposta xenérica que se desenvolverá ata finais de ano para, xa en 2022, recuperar a típica carta de modalidades deportivas que a Fundación vén ofrecendo dende hai anos para as persoas de 16 anos en diante.
22.10.2021.- A reactivación das escolas deportivas infantís e xuvenís tras o paro consecuencia da pandemia, así como a proposta de transición para o deporte para adultos, foron aprobadas onte polo Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes. Do procedemento de inscrición nesta última informarase a semana que ven, unha vez pechados os horarios das actividades.

As actividades lúdico deportivas para a rapazada divídense en tres tipo de escolas, en función da idade e capacidades dos participantes. Deste xeito trabállase tendo en conta o nivel evolutivo e as fases sensibles de aprendizaxe dos nenos/as co obxectivo de desenvolver de forma correcta as diferentes capacidades físicas.

A Escola de Psicomotricidades está pensada para nenos e nenas de 4 e 5 anos (nados nos anos 2016-2017) e nela trabállanse aspectos como a coordinación, o equilibrio e os xogos en grupo. Na Escola Multideportiva participan cativos de 6 a 8 anos (nados entre os anos 2013e 2015) e aquí os participantes toman contacto coas diversas modalidades deportivas existentes, co fin de que no futuro poidan decantarse pola que máis lles guste ou mellor se lles dea. As Escolas Deportiva de Base están destinadas aos rapaces máis maiores, de 9 a 15 anos (nados entre o 2006 e o 2012). Aquí, os asistentes xa se teñen que decantar por algunhas das especialidades deportivas que se ofertan, 8 en total. A carta componse de patinaxe, baloncesto, tenis, atletismo, artes marciais, tenis de mesa, ximnasia rítmica e xadrez.

Dende 12 euros ao ano á gratuidade

A asistencia ás escolas deportivas conleva o pago dunha cota simbólica de 12 euros ao ano, que pode verse reducida en base ás diferentes bonificacións existentes e mesmo saír gratis aos posuidores do carné da Fundación. Os interesados en anotarse dispoñen de prazo ata o 2 de novembro para formalizar as inscricións cubrindo os formularios que poden obter nas dependencias da Fundación, en Fexdega, ou imprimir dende o taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal . Unha vez cubertos e xunto coa documentación que se indica nos propios formularios, a inscrición deben presentarse a través da sede.vilagarcia.gal, na sección correspondente á Fundación de Deportes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -