_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Os pregos para renovar o servizo de limpeza viaria e recollida de lixo chegan ao Pleno en outubro

O goberno local de Vilagarcía someterá este mes á aprobación do Pleno os pregos do novo contrato dos servizos de limpeza viaria e recollida de lixo, completando así un longo e complexo procedemento iniciado hai xa uns anos cos estudos de campo necesarios para coñecer as necesidades da cidade. A elevación ao Pleno chega despois de que o executivo socialista entregase á oposición o borrador do documento e no último mes mantivese varias xuntanzas cos grupos para explicar o contido do documento e os seus fundamentos legais, así como para abrilo a propostas que poidan enriquecelo máis.
19.10.2021.- As achegas formuladas na reunión de onte serán avaliadas polos técnicos municipais e asesoría externa do Eixo Atlántico que dirixiu os traballos dende o principio. Mañá celebrarase un último encontro cos grupos antes de someter o documento á aprobación do Pleno.

Os pregos do contrato denominado ”Contenerización, recollida e transporte de residuos, xestión do Punto Limpo e limpeza viaria de Vilagarcía de Arousa” establecen todos os requisitos e condicións que deberá cumprir a futura concesionaria e fixa ao detalle as prestacións a realizar. Cun prezo de licitación de case 5 millóns de euros anuais e unhya duración de 8 anos, o novo contrato prevé a renovación da maquinaria de limpeza e recollida de lixo, así como o sistema de contedores, a creación de novos servizos como o de recollida da fracción orgánica e os puntos limpos móbiles, e a ampliación das zonas e frecuencias de limpeza entre outras.

Como xa se comentara, o Concello decidiu unificar nun mesmo contrato os servizos de recollida de lixo e de limpeza viaria, ao terse demostrado pola experiencia doutras cidades que, ademais de reducir custes, resulta moito máis operativo que unha mesma empresa se encargue de ámbalas dúas tarefas. Por iso tamén se inclúe nel a xestión do Punto Limpo de Pinar do Rei.
O pregos tratan de dar unha resposta eficaz ás demandas creadas polo crecemento de Vilagarcía, á vez que cumprir con todos os requisitos medio ambientais e de sustentabilidade que marcan as directrices europeas para a xestión de residuos e que serán de obrigado cumprimento. E todo, baseado nos estudos de necesidades realizados previamente. Por iso, coa nova xestión mellorarase a calidade do actual servizo, elevaranse os índices de reciclado e recuperación de residuos, e lograrase unha limpeza viaria máis eficaz e de maior calidade, aspectos todos moi demandados polos veciños de Vilagarcía e aos que se pretende atender debidamente con este prego

Entre as varias melloras que se introducen no servizo de recollida e transporte de residuos atópase a renovación de todo o parque móbil necesario para as labores de recollida e transporte do lixo, incluíndo vehículos específicos para cada tipo de residuo. Tamén se cambiarán todos os contedores do municipio, optando nos centros urbanos polos de carga lateral (que conlevan un proceso máis mecanizado e axiliza o traballo, e permiten unha maior capacidade de almacenamento), mentres que no rural serán de carga traseira. A renovación dos modelos tamén implicará a reubicación en moitos lugares, a efectos de facilitar os procesos de baleirado por parte dos camións

Potenciar o reciclado e optimizar a xestión de residuos

Tal como marcan as directrices europeas, o servizo orientarase á recollida e traslado de todo tipo de residuos sólidos urbanos que se xeren na cidade (orgánicos, papel, envases lixeiros..) promocionando a separación en orixe para continuar mellorando os niveis de redución, reutilización e reciclado dos residuos. Neste punto cómpre destacar que se crea un novo servizo, en fase piloto inicialmente, para a recollida da fracción orgánica doméstica e biorresiduo forestal. Para optimizar o resultado, tamén se prevé a organización de campañas informativas e de sensibilización.

Ademais da xa mencionada xestión do Punto Limpo de Pinar do Rei -que inclúe novidades como o traslado do refugallo ás plantas de tratamento autorizadas e a recollida de residuos complementarios en mercados e eventos-, o prego recolle a creación doutras tres novas prestacións que se suman á xa existente de recollida de voluminosos: o Punto Limpo Móbil, a recollida de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE´s) e a recollida porta a porta de residuos de cartón comercial.

Máis zonas a limpar e atención ao mobiliario urbano

O apartado relativo á limpeza viaria tamén sae moi reforzado co novo contrato ao ampliar o número de zonas públicas e de titularidade municipal nas que actuar e ao incluír como novidades a limpeza de pintadas e graffitis, a de marquesiñas e a retirada de pancartas e carteis colocados fora dos expositores ou espazos autorizados; situacións todas que inciden en detrimento da imaxe da cidade. Por descontado, os pregos recollen tamén o relativo ao baleirado e limpeza de papeleiras, o seu subministro, reparación e reposición.
No apartado de limpeza viaria tamén se prevé a renovación de todos os vehículos e maquinaria destinada a estas labores, así como o incremento das frecuencias de limpeza.

Adxudicación a finais de primavera ou inicio do verán

Unha vez que os pregos conten coa aprobación do Pleno, o contrato sacarase a licitación, un procedemento que, pola envergadura do contrato, terá que ser publicado no boletín da UE, como establece a normativa, o que implica uns prazos de presentación de ofertas máis amplos que os habituais. Previsiblemente, a recepción de ofertas podería estenderse ata xaneiro ou febreiro. Despois, as ofertas deberán ser avaliadas polos técnicos, un traballo que tamén require o seu tempo, polo que se calcula que a adxudicación do servizo poida producirse a finais da primavera do ano que vén ou principios do verán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -