_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A empresa adxudicataria das obras do paseo de Canelas arranxa os desperfectos na baranda e introduce melloras

A empresa adxudicataria da reordenación do litoral dende Ferrazo ata despois da praia de Canelas, Sergonsa Servicios, SL, está desenvolvendo as obras de arranxo e mellora que lle esixiu o Concello hai xa máis dun mes, despois de que se detectaron os primeiros desperfectos nunha obra na que se investiron máis de 640.000 euros. As razóns polas que se retrasaron eses arranxos foron que se trata de aspectos moi concretos que Sergonsa realizou a través de subcontratas especializadas.
15.10.2021. Unha vez que o concello requeriu á empresa, o director facultativo da obras, tamén autor do proxecto, Alexandre Mouriño, emitiu un informe no que relataba as dúas deficiencias detectadas e as actuacións que se ían levar adiante para subsanalas, é dicir, o que se está a facer agora mesmo.

En primeiro lugar, as deficiencias nas pezas de madeira de iroko que conforman o pasamáns. Segundo se puido comprobar, o mecanizado inferior das pezas fixo que estas non se comportaran correctamente polo que se está a colocar unha “U” galvanizada na canle que se lle fixo á madeira para darlle maior rixidez e, por tanto, eliminar o problema detectado. Ademais, a empresa susbtituirá aquelas pezas que amosan unha xeometría non axeitada debido aos nós da propia madeira e aqueles que teñen unha dirección incorrecta da fibra.

O segundo desperfecto rexistrado (puntual, non xeral) ten que ver cos perfís metálicos horizontais. Ao respecto, o arquitecto indicou que “claramente” esas anomalías se deberon “a actos vandálicos”. Malia ser cuestións puntuais, a empresa construtora reforzará os encontros de pezas para evitar na medida do posible que eses perfís poidan resultados danados con facilidade.

As incidencias foron comunicadas en varias ocasións á empresa, que sempre se amosou disposta a asumir os arranxos. Sen embargo, ao depender de empresas auxiliares, que xa estaban realizando outras obras en outros lugares de Galicia, non foi ata agora cando se puideron levar a cabo eses traballos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -