_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O concello crea unha bolsa municipal de locais baleiros para dinamizar a actividade económica, con axudas incluídas

O Concello porá en marcha de xeito inmediato unha Bolsa Municipal de Locais Baleiros que ten por obxecto dinamizar o tecido económico da cidade e, ao tempo, mellorar a imaxe urbana. O proxecto, dotado con 81.000 euros, xa fóra anunciado pola concelleira de Promoción Económica, Alba Briones cando presentara o plan de recuperación económica e a plataforma InvestVilagarcía para atraer investimentos foráneos. A inscrición abrirase unha vez aprobada a iniciativa pola Xunta de Goberno Local, con toda probabilidade o vindeiro luns.
13.10.2021. A iniciativa ten varias vertentes que poden facela moi atractiva para aqueles propietarios que teñen un local sen utilizar. Así, a participación na bolsa implica que cada espazo terá a súa propia ficha nunha sección específica de http://www.investinvilagarcia.com , con características, fotografías, localización e prezo. Ao inscribirse, o concello garántelle unha axuda de ata 600 euros para facer fronte ao seguro por impago durante un ano. Igualmente, cada local poderá recibir 1.000 euros máis para a modernización, mellora, adaptación e dixitalización. A máis, o concello asumirá os custes de marketing e publicidade (vinilos, cartelería, material de difusión) e de dinamización das zonas comerciais (escaparates dinámicos, eventos culturais ou de promoción nos mesmos locais). Por último, a concellería que dirixe Alba Briones proporá unha taxa reducida nas licenzas de nova actividade, sempre que se trate do traslado dun negocio nun piso dun edificio a un baixo inscrito na bolsa.

Para o correcto desenvolvemento da iniciativa, o concello traballará directamente con propietarios e, de ser o caso, coas inmobiliarias que os representen, aos que ofrecerá todos os seus recursos dos que dispón para lograr un obxectivo común: a dinamización económica e social da cidade.

Como contraprestación, os propietarios dos locais permitirán que o concello poida decorar os escaparates, incrementando así o atractivo comercial das rúas e prazas, e proxectando ao exterior unha imaxe desexable de Vilagarcía. Os propietarios tamén facilitarán que os seus espazos se poidan utilizar, cando así se estime oportuno, ben para actividades de animación cultural, social ou comercial (visualización de produtos industriais feitos no municipio, escaparates dinámicos ou showrooms, eventos culturais), ou ben para desenvolver os denominados "pop ups", é dicir, converter eses baixos en puntos de venda efémera para marcas comerciais consolidades noutros territorios e que hoxe non teñen presenza en Vilagarcía.

En definitiva, o proxecto da Bolsa Municipal de Locais Baleiros, inscrito no plan de recuperación económica do concello, reforza o compromiso do goberno de Alberto Varela por unha Vilagarcía humanizada, dinámica e de acollida, un paso máis nese modelo de cidade sostible, urbano e economicamente dinámico que impregna toda a xestión municipal nos últimos anos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -