_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Vilaboa será obxecto da próxima actuación de rexeneración urbana prevista polo Concello

.- O Concello de Vilagarcía continúa planificando a mellora urbana da cidade, atendendo tanto ao centro da cidade como ás zonas da periferia. Neste último ámbito desenvolverase a seguinte actuación prevista polo executivo socialista, que se centrará na zona de Vilaboa, en Sobradelo. Atendendo á petición de mellora da contorna solicitada polos veciños do lugar, o Concello acometerá a humanización da zona da fonte e o lavadoiro e as rúas adxacentes. Para concretar a actuación a desenvolver, a Xunta de Goberno Local adxudicará na reunión do mércores a redacción do proxecto ao gabinete Zubia Ingenieros, traballos que se contratan por importe de 8.700 euros máis IVE.
09.10.2021.- Como é habitual neste tipo de procedementos, para a redacción do proxecto, o executivo socialista marca unha serie de requisitos aos que deberá axustarse o documento, como por exemplo, que inclúa a renovación dos servizos básicos de abastecemento de auga, saneamento e recollida de pluviais. O proxecto cinguirase ao ámbito de actuación que, tomando como epicentro a zona da fonte e o lavadoiro, colle tamén parte das rúas que conflúen nela: Rúa Vilaboa, Veiga de Abaixo e Travesía da Fonte. En total, a superficie total na que se actuará suma 2.750 metros cadrados.

Manterase a circulación de vehículos

O obxectivo da actuación a realizar é a humanización desta zona de Vilaboa, intervención que, pese a mellorar os espazos dos que poderán gozar os peóns, non suporá a peonalización, posto que os vehículos continuarán circulando por esas rúas, aínda que dun xeito máis controlado.

Ademais da xa comentada renovación das redes de servizos básicos, o proxecto deberá propor unha solución estética para o lugar que, no que ao pavimento se refire, poderá combinar zona de enlousado con outras de formigón e mesmo de asfalto, dependendo do uso das mesmas.

Posta en valor da fonte e o lavadoiro

Unha atención especial requírese para os elementos patrimoniais da fonte e o lavadoiro, que tamén terán que ser obxecto dunha actuación de posta en valor, continuando así co traballo de recuperación e conservación dos elementos construtivos tradicionais da arquitectura popular.

A actuación complementarase coa instalación de alumeando público, mobiliario urbano e de axardinamento e con coa correspondente sinalización horizontal e vertical.

O goberno terá que esperar a que o proxecto estea redactado para coñecer o orzamento final que terá a actuación, momento no cal se porán en marcha os mecanismos convenientes para financiar a obra (ben mediante fondos propios ou a través de plans e subvencións doutras administracións) para, a continuación, sacala a licitación.

Unha cidade moderna amable e atractiva

Esta nova obra de humanización forma parte das actuacións que o executivo que preside Alberto Varela está a desenvolver no marco do modelo de cidade humanizada, accesible, atractiva e sostible no que se está traballando dende hai seis anos. Trátase de mellorar a imaxe externa da cidade, á vez que de dotala de novas infraestruturas e renovar as vellas, con actuacións como as levadas a cabo tanto en zonas urbanas (Praza de Galicia e Independencia, Rúa Vázquez Leis en Vilaxoán, Rúa Cervantes en Carril, Rúa Os Duráns ou as travesías de Arcebispo Lago), así como en barrios da periferia (parque e contorna de Matosinhos, O Piñeiriño, Rúa Sobrán…).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -