_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Banda de Música de Vilagarcía reencóntrase co seu público tras ano e medio cun concerto na Praza da II República

“Complicado” foi, en palabras do director da Banda de Música de Vilagarcía, Jesús Nogueira, o longo ano e medio que a agrupación estivo forzosamente parada e sen actuar ante o público debido ás restricións obrigadas pola pandemia. Pola mesma razón, a ilusión dos compoñentes da Banda para o concerto de reencontro cos seus afeccionados, o que ofrecerá o día 16 de outubro ás 13.00 horas na Praza da II República, é moi grande. Durante a presentación do acto, celebrada este mediodía no Concello, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, congratulouse deste esperado regreso e invitou aos vilagarciáns a “volver a gozar desta gran Banda que temos en Vilagarcía e da que estamos tan orgullosos”.
07.10. 2021.- Para o reencontro en vivo e en directo co público -xa que durante a pandemia emitiron por redes sociais fragmentos doutros concertos- a Banda ten preparado un repertorio integramente clásico, composto por pezas de compositores como Rossini, Marquini ou Cebrián, entre outros, e no que levan ensaiando dende o mes de agosto. O director explicou que os ensaios tiveron que facerse por seccións instrumentais debido ás restricións, primeiro ao aire libre na praciña lateral do Auditorio e, dende hai uns días, co alivio das restricións, no propio local da Banda. Agora está previsto realizar dous ensaios xerais con toda a agrupación no recinto da Praza da Peixería, que ao ser parcialmente aberto permite contar con todos os membros e seccións da banda. Serán os venres 8 e 15 de outubro.

O presidente da Asociación Padroado Banda de Música de Vilagarcía non evitou recoñecer as dificultades que atravesou a formación durante este longo parón de ano e medio sen poder ensaiar e sen actuar cara ao público, “por iso o importante e que, por fin, volvemos a tocar, e que a Banda de Vilagarcía volve ás rúas da cidade”., sentenciou Diego Torrado.

Nogueira engadiu quen esta dura travesía da pandemia tivo un custe bastante elevado para a agrupación, que rexistrou numerosas baixas, pasando dos 75 membros que tiña, aos 51 que quedan na actualidade. Maila isto, tanto o director coma o presidente do Padroado mostráronse optimistas apuntando que “afrontamos este momento como un novo renacer da Banda de Vilagarcía, un reto que estamos dispostos a superar e para o que contamos co apoio incondicional e a colaboración da Concellería de Cultura e de todo o Concello, como sempre nos demostra a concelleira e como o alcalde nos manifestou publicamente na durante a nosa intervención no pregón das Festas de San Roque, cuxas palabras serviron de revulsivo, especialmente aos membros máis novos”, apuntou o director.

Sonia Outón explico que para esta sesión vermú do día 16, a Banda actuará ao aire libre, na Praza da II República e acotarase o espazo de xeito que o público poida acomodarse segundo as normas de aforo en vigor nese intre, na grada que forman as escaleiras do acceso ao Auditorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -