_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello programa a ampliación do saneamento para dar servizo a un grupo de vivendas da rúa Pica en Vilaxoán

Cando aínda non rematou a obra de urbanización e mellora do saneamento na rúa O Freixo, o Concello de Vilagarcía xa está programando unha nova actuación a realizar nesa mesma zona de Vilaxoán. Trátase dunha obra de ampliación da rede de saneamento e de mellora da rede recollida de augas pluviais na Rúa Pica e na travesía Veiga do Mar. A medida ten como obxectivo dar servizo a un grupo de vivendas que carecen do servizo e mellorar a prestación na contorna, como tamén se fixo na Rúa O Freixo, cuxas obras, que están a piques de rematar, eran demandadas dende hai anos pola veciñanza.
05.10.2021.- O proxecto técnico de “Mellora e ampliación da rede de saneamento na Rúa Pica e travesía Veiga do Mar, en Vilaxoán”, foi aprobado pola Xunta de Goberno Local na reunión de onte cun custe de 34.621,95 euros.

No proxecto explícase que o grupo de vivendas da Rúa Pica que se verán beneficiadas por esta actuación atópanse nuns terreos situados a diferente cota que o actual entramado da rede de saneamento, o que imposibilitaba a súa conexión si antes non se instalaban os correspondentes sistemas de bombeo e impulsión exclusivos para esas construcións, o que encarecía a obra. Maila isto, o Concello decidiu realizar os traballos para atender esta necesidade básica dos veciños deste pequeno núcleo, para o cal ordenou a redacción do devandito proxecto.

Ademais de cubrir esta carencia de saneamento, a obra proposta tamén resolverá outro problema que sofre a veciñanza da zona: as inundacións da vía e os embolsamentos de auga que se producen cando chove con intensidade e que dificultan tanto o tránsito peonil pola rúa como o acceso ás propias vivendas. Este problema non se pode atallar mediante canalizacións polas cunetas debido á topografía do vial respecto á travesía Veiga do Mar. Por esta razón, o proxecto prevé a instalacións dunha nova canalización de recollida de pluviais con imbornais que se prolongarán ao longo da travesía Veiga do Mar ata a súa conexión coa rede existente na Rúa Preguntoiro.

Os traballos descritos no proxecto consistirán na instalación de redes de impulsión ata a rede xeral do saneamento, con arquetas nos límites das propiedades. Colocaranse as canalizacións da rede de saneamento cos correspondentes pozos de rexistro e se executará a rede de pluviais con imbornais e pozos de rexistro. Finalizada a instalación dos servizos, procederase á pavimentación do vial.


Atención ás demandas veciñais

Unha vez que o Concello xa dispón do proxecto, e dado que a obra non estaba presupostada con anterioridade, agora o executivo local buscará os fondos necesarios para levala a cabo, ben con fondos propios con cargo aos orzamentos do ano que ven, ou a través das diferentes liñas de subvencións e programas doutras administracións aos que concorre anualmente o Concello de Vilagarcía. A intención do executivo socialista é acometer a obra coa maior brevidade para continuar coa mellora de servizos que se está a realizar en Vilaxoán nos últimos anos co obxectivo de atender as demandas históricas da veciñanza, resolver os problemas que vaian xurdindo e mellorar a dotación de servizos para dinamizar social e economicamente a vila mariñeira.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -