_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello detecta e arranxa dúas conexións de residuais á rede de pluvias que alivia na dársena do porto

Unha das actuacións más complicadas levadas a cabo polo Concello nos últimos meses no que á mellora do saneamento se refire foi a localización e posterior arranxo de dúas conexións irregulares de saneamento á rede de pluviais que eran a orixe dun verquido ao mar na dársena do porto deportivo. Os traballos, que se desenvolveron durante varios meses, principalmente polas tarefas de localización, concluíron de forma exitosa co arranxo do problema, a eliminación dun punto contaminante e o correspondente arquivo de expediente por parte de Augas de Galicia.
04.10.2021.- O problema detectouse a finais do ano pasado nunha inspección que deixaba constancia da saída de augas residuais na zona portuaria procedente da rede municipal de recollida de pluviais. Tras recibir a advertencia de Augas de Galicia, o Concello realizou unha revisión e obras de reforzo das canalizacións de pluviais procedentes da Avenida da Mariña e de Rosalía de Castro, que son as que conflúen no conduto que alivia nese punto da rada. Maila isto, rematados os traballos, comprobouse que o verquido persistía.

Ante a situación, o Concello recorreu á utilización de cámaras de control remoto para inspeccionar as tubaxes da rede de saneamento dende o seu interior coa finalidade de poder apreciar posibles fisuras ou roturas pola que puideran filtrar. Neste primeiro intento as cámaras non detectaron ningún tipo de problema en ningún dos dous tramos mencionados.

Por esta razón, decidiuse ampliar o ámbito de actuación, cunha segunda prospección das cámaras polo entramado da rede de pluviais que se abre dende a zona do Ramal. A complexa e lenta operación dou finalmente os seus froitos ao detectar na Rúa Santa Lucía a dous edificios que tiñan conectadas as augas residuais á rede de pluviais en lugar de á de saneamento.

Unha vez localizado o problema, os operarios municipais tiveron que abrir a rúa para selar as conexións irregulares e conectar as saídas de residuais dos dous inmobles á rede de saneamento que, aproveitando as obras, tamén se renovou nese tramo de rúa.

Cos traballos realizados eliminouse o punto de verquido, tal como certificou posteriormente Augas de Galicia que, consecuentemente, arquivou o expediente relativo a esta incidencia.

Esta actuación é unha máis das que está a levar acabo o Concello para continuar mellorando o saneamento municipal co obxectivo de ofrecer un mellor servizo á cidadanía e seguir contribuíndo ao saneamento da Ría e ao coidado do medio ambiente.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -