_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Camiño Escolar Seguro da contorna de Matosinhos-A Lomba logra unha subvención europea de 350.000 euros

O proxecto dos Camiños Escolares Seguros na contorna de Matosinhos-A Lomba elaborado pola Área de Mobilidade do Concello de Vilagarcía vén de acadar unha subvención a través do Plan Moves - a liña de axudas convocada polo Ministerio de Transición Ecolóxica para “proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a economías baixas en carbono”- e que se financia con fondos europeos. A axuda, de 350.000 euros -0 50% do custe do proxecto- permitirá executar nunha única fase a actuación tendente a promover que os escolares acudan camiñando ou en bici aos seus colexios de forma segura, saudable e respectuosa co medio ambiente, para o que se crearán as infraestruturas necesarias.
02.10.2021.- O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Mobilidade, Paola María, anunciaron hoxe a concesión da axuda europea e presentaron o proxecto a realizar no ámbito de actuación que engloba a catro centros educativos (a Escola Infantil Municipal, os colexios de A Lomba e Arealonga e o centro Vagalume). Trátase dunha zona pola que durante a tempada lectiva transitan a diario e dúas veces ao día 900 persoas e uns 600 vehículos, coincidindo coa hora de entrada e saída dos colexios.

A concelleira lembrou que o proxecto deseñouse en base ao resultado dos estudos de campo realizados o ano pasado e nos que, a través de entrevistas coa comunidade escolar e dunha aplicación que utilizaron numerosas familias con nenos nos colexios, se estableceron os traxectos máis frecuentados. Nestes será nos que se centren as obras a realizar e son principalmente tres: o fluxo procedente da zona do Piñeiriño, o que ven dende Vista Alegre e o que seguen as persoas que acoden do centro urbano dende a zona do Parque da Xunqueira e Doutor Tourón.

No primeiro, acondicionarase o paso que existe actualmente entre a Rúa Fontecarmoa para acceder á Rúa Xunqueira que linda cos recintos escolares, de forma que sexa moito máis accesíble e seguro que ata o e agora para desprazarse tanto a pé como en bici. Para o traxecto que ven dende Vista Alegre asegurarase o cruce en Doutor Tourón, actualmente bastante perigoso, para poder acceder tranquilamente á Rúa Xunqueira; o mesmo que se fará para o fluxo procedente do Parque da Xunqueira, e que tamén atravesa Doutor Tourón na zona de Matosinhos.

Estas medidas complétanse con toda a actuación que se realizará na beirarrúa que queda sen remodelar na Avenida de Matosinhos e, máis especialmente, na Rúa Xunqueira,a que bordea todo o recinto escolar da Lomba e o Vagalume.

Na Rúa Xunqueira, onde xa se fixo o retranqueo do muro dos colexios para gañar ancho á calzada, establecerase unha vía de plataforma única con espazo preferente e diferenciado para peóns e cicloturistas. O carril de circulación de vehículos a motor estreitarase a 2,90 metros e estableceranse outras medidas de calmado do tráfico, cuxa velocidade quedará reducida a 20 ou 10 quilómetros hora.

Fronte ao cetro Vagalume crearase unha praza para que os escolares e os seus acompañantes poidan estar de forma cómoda e segura ás horas de entrada e saída. Farase mediante unha acción de urbanismo táctico consistente en gañar espazos para os peóns mediante decoracións pintadas, en lugar de realizar obras que son moito máis custosas e levan más tempo.

Tamén se habilitarán na Rúa Xunqueira os puntos “Bico e vai!•, para que as familias que necesariamente teñan que utilizar o coche poidan detelo o tempo xusto para que os nenos se despidan cun bico e baixen de forma segura e directa á entrada do colexio.

No resto do ámbito de actuación, os traballos a realizar consistirán en ensanche de beirarrúas, creación de carril bici, mellora da accesibilidade, instalación de medidas de calmado de tráfico e de seguridade nos cruces con Doutor Tourón, e conexión segura coa ciclovía que se está a construír nesta avenida.

A obra complementarase coa instalación de mobiliario urbano (bancos e papeleiras) mellora da iluminación e ornamentación vexetal, ademais da colocación da correspondente sinalización horizontal e vertical.

Destes traballos queda excluída á entrada ao Parque de Matosinhos por diante da Escola Infantil Municipal, que xa está acondicionada baixo criterios de accesibilidade e seguridade para os peóns dende hai uns anos, na que foi a primeira acción do actual goberno para desenvolver os camiños escolares seguros.

Previsión de execución en 2021

Antes de presentar o proxecto ao Plan Moves, o Concello xa tiña habilitada unha partida para acometer parte das obras este ano con cartos procedentes do programa “Vilagarcía Avanza” -tamén financiado con fondos europeos- e con parte do préstamo solicitado con cargo ao orzamento de 2021. A concesión da subvención do Moves permitirá que a obra, presupostada en 700.000 euros, se execute integramente nunha única fase.

A previsión de María Mochales é que os traballos poidan comezar no primeiro trimestre do ano que ven, dado que agora hai que poñerse a redactar os pregos necesarios para sacar a obra a licitación. De cumprirse esta previsión, a intención sería que o Camiño Escolar Seguro dos centros escolares da Lomba estivese rematado para o principio do seguinte curso.




Capacidade de captación de fondos froito de moito traballo e boa xestión

O alcalde valorou a concesión desta subvención do Plan Moves como unha mostra máis de que o modelo de cidade polo que este goberno vén apostando dende o inicio é o axeitado e é o que promove e defende a Unión Europea con liñas de financiamento para aqueles proxectos que apostan por reducir as emisións de carbono , algo que en Vilagarcia queremos conseguir reducindo o tráfico de motor a través das humanizacións e peonalizacións de rúas, potenciando o transporte público con iniciativas como o VaiBus!, promovendo o uso da bicicleta co VaiBike!, a ampliación do carril bici e as ciclovías, ou animando a desprazarse a pé con propostas como o Vaiapé! ou os camiños escolares”.

Ademais, Varela apuntou que, a do Plan Moves é unha más das moitas subvencións que o executivo local conseguiu ao longo destes anos, comezando polos 5 millóns de euros das EDUSI para desenvolver o programa “Vilagarcía Avanza”. O alcalde recoñeceu que dende o inicio dos eu mandato, o seu equipo foi consciente da escasa capacidade de investimento que ten o Concello con fondos propios, xa que os gastos correntes consumen gran parte dos presupostos. “Por iso tivemos moi claro que tiñamos que buscar financiamento noutras administracións”. Neste punto, Varela Paz engadiu que “O Concello de Vilagarcía ten unha gran capacidade de captación de fondos doutras administracións, algo que é posible grazas á boa xestión realizada e polo intenso traballo que se fai para concorrer a todas as convocatorias posibles con proxectos de moita calidade que sexan meritorios de obter financiamento, como está a pasar”, concluíu.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -