_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O Concello potencia o turismo mariñeiro na contorna de Carril e Cortegada cun roteiro de paneis e audioguías

A Concellería de Turismo de Vilagarcía continúa creando novos produtos pata ofertar aos visitantes e dinamizar a actividade do sector turístico local. Neste marco, o concelleiro Álvaro Carou presentou hoxe a nova Ruta de Turismo Mariñeiro que se vén de habilitar no ámbito de Carril e Cortegada e que, a través de cinco paneis colocados en diferentes emprazamentos e un sistema de audio guía que se activa por códigos QR, os visitantes poderán coñecer a vila mariñeira de Carril, as características e peculiaridades do cultivo da súa famosa ameixa, o Parque Nacional das Illas Atlánticas a través de Cortegada e mesmo a “Orixe de Todos os Camiños”. Para publicitar o roteiro, tamén se presentou un vídeo promocional que se pode ver a través da web visit.vilagarcia.com e que se difunde por redes sociais.
01.10.2021.- A realización deste novo roteiro sobre o Turismo Mariñeiro tivo un custe de 6.500 euros que se financiaron cunha subvención do GALP (Grupo de Acción Local Pesqueira).

A ruta creada e deseñada pola Concellería de Turismo iníciase cun panel situado á altura do balneario da Praia Compostela e nel danse unhas pinceladas á historia de Carril, ao seu nacemento, xeito de vida e ao seu vínculo co ferrocarril, ao ser destino da primeira liña creada en Galicia. Un segundo panel situado no paseo marítimo, á altura do Hotel Carril, e fronte aos parques de cultivo de ameixa, explica ao visitante que son e como se produce neles o prezado bivalvo.

Un pouco máis adiante, na Alameda de Carril, e mirando á fermosa illa de Cortegada, o terceiro panel subtitulado como “Un bosque flotante” fálanos da historia deste territorio insular que foi doado ao rei Alfonso XIII para a construción dun pazo de verán que nunca chegou a materializarse, e que, tras anos de loita de pobo para recuperalo, un século despois regresou ao patrimonio público para formar parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Avanzando por beiramar ata o centro de Carril, na zona do paseo situado fronte á Praza da Liberdade atópase o cuarto panel, dedicado en exclusiva ás mulleres mariscadoras, á dura profesión que realizan para obter a famosa ameixa de Carril e cultivar berberecho, e tamén sobre a súa evolución e o traballo que colectivos de mariscadoras da vila están a realizar para dar a coñecer esa labor e poñer en valor o froito dese traballo a través de obradoiros e visitas guiadas ás zonas de marisqueo.

E por último, e xa entrando no leito do Ulla, o quinto panel situado no litoral da zona de A Rosa, ao que se accede por detrás da delegación da Consellería de Pesca, fala ao visitante deste río do que nace a Ría de Arousa, que creou cos seus limos a illa de Cortegada, que enriquece a este produtivo mar e que foi “A Orixe de todos os Camiños” de peregrinaxe á Compostela, xa que foi o que seguiron os restos do Apóstolo Santiago ata chegar ao seu lugar de reposo definitivo en Compostela.

A información que conteñen os paneis complétase coa que se ofrece nas audioguías que os visitantes poden activar co seu móbil a través dos códigos QR que aparecen en cada un destes puntos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -