_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A Rúa Arcebispo Lago recupera temporalmente a circulación rodada polo inicio das obras en Alexandre Bóveda

A obra do ensanche de beirarrúas e mellora da seguridade viaria na rúa Alexandre Bóveda comeza este mércores, 29 de setembro. Como consecuencia, para facilitar o desenvolvemento dos traballos sen que o acceso ao centro urbano se vexa prexudicado, a rúa Arcebispo Lago recuperará temporalmente o paso de vehículos. Esta medida manterase ata que remate a obra, previsiblemente antes de Nadal, momento no que o eixo principal de entrada e saída ao centro será por Alexandre Bóveda de forma permanente e Arcebispo Lago volverá a pecharse aos coches. Tamén será entón cando se produza o traslado dunha das dúas liñas de postos do mercado nas condicións reflectidas no acordo asinado hai un ano cos praceiros e os ambulantes.
27.09.2021.- Nesa mesma liña de colaboración e dentro do contacto permanente que se mantén co colectivo de praceiros e ambulantes, o Concello e a adxudicataria planificaron o desenvolvemento das obras de xeito completamente compatible coa actividade do mercadillo nas actuais condicións na que se está realizando ata o de agora. É dicir, que os traballos iranse executando por fases e alternando tramos para que os martes e sábados a venta ambulante poida desenvolverse normalmente e con todos os postos emprazados actualmente na rúa. Como xa acontece agora, durante a celebración do mercadiño, só se poderá circular nun sentido por Arcebispo Lago.

Tamén atendendo aos intereses do colectivo de vendedores, acordouse axilizar ao máximo os traballos para que a obra estea rematada antes do Nadal, de xeito que non interfira no desenvolvemento da campaña máis forte de ventas que teñen tanto os praceiros como os ambulantes, e de que a rúa se atope en perfecto estado de accesibilidade e de seguridade, tanto para os peóns como para a actividade comercial.

Unha obra froito do acordo entre as partes

A realización desta obra vén dada como consecuencia do acordo acadado o ano pasado cos praceiros e ambulantes, que non estaban conformes coa proposta inicial do Concello de retirar de Alexandre Bóveda todos os postos do mercadillo para poder manter de forma permanente esa rúa con dobre sentido de circulación, converténdoa no principal eixo de entrada e saída de vehículos á cidade para poder continuar coa política de humanización do centro urbano co proxecto de Arcebispo Lago que está previsto comezar o ano que vén.

Na procura dunha solución do agrado de todas as partes, acordouse eliminar só unha das dúas liñas de postos do mercado, de xeito que a actividade ambulante non se desliga da Praza de Abastos e, á vez, se mantén o dobre sentido de circulación na rúa, tamén os martes e sábados pola mañá.

Para poder materializar o acordo, o Concello tivo que proxectar unha actuación que permitise garantir as óptimas condicións de accesibilidade e seguridade viaria tanto para os peóns como para os ambulantes. Esa obra ten un custe de 71.447 euros e é a que comeza o mércores. Consiste en ensanchar a beirarrúa que discorre en paralelo ao edificio da Praza de Abastos (dende o cruce de Valle Inclán ata o de Arcebispo Lago), e na instalación de medidas de calmado de tráfico, como elevación de pasos de peóns. Tamén se modificarán a zona de aparcamento, á que se lle dará un ancho de 4,5 metros, para permitir que se usen habitualmente como estacionamento e zonas de carga e descarga e, durante as mañás dos martes e sábados, para acomodar á liña de postos dos vendedores do mercado.

O proxecto prevé ademais a adaptación das redes de recollida de pluviais á nova disposición e dimensións da beirarrúa e a instalación de iluminación na fachada do corpo central do edificio da Praza de Abastos, edificio catalogado como ben patrimonial do Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -