CULTURA
"Os Martes, Arte" abren o curso o día 28 para seguir explorando o Románico e os movementos artísticos do s. XX Os encontros sobre creación artística "Os Martes, Arte" inician a vindeira semana un novo curso. Será a partir do martes 28 de setembro cando o Auditorio volva a acoller a actividade que dirixe o profesor Augusto Guedes e cuxo programa para este ano volverá a alternar dúas temáticas: o Románico e as diferentes correntes artísticas do século XX. A actividade está aberta a toda a poboación, sen límite de idade, é de carácter gratuíto e non é precisa de inscrición previa. Basta con achegarse ao Auditorio cada martes ás 19.30 horas.
24.09.2021.- A Concellería de Cultura colabora na organización de "Os Martes Arte", o programa que pretende achegar o arte á cidadanía dun xeito didáctico, divertido e accesible a calquera, teña ou non coñecementos sobre a materia. Ás sesións de "Os Martes, Arte" poderá asistir calquera persoa que o desexe, sen necesidade de inscribirse previamente. A actividade estará dirixida por Guedes que, de xeito interactivo e dinámico, explicará aos asistentes o contexto da obra, estilo ou movemento a estudio, as súas características, contexto histórico, as circunstancias do autor, técnicas e outros aspectos precisos para entender o que pretendeu expresar o creador ou o significado da peza ou da corrente en cuestión Dadas as actuais circunstancias sanitarias, a actividade queda sometida ao aforo autorizado para a sala de conferencias do Auditorio en cada momento e, ademais de gardar as distancias de seguridade preceptivas e ser necesario o uso de máscara, tamén se tomará nota dos asistentes e número de contacto.