_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O ciclista Gustavo César Veloso súmase ao Día sen Coches para animar a desprazarse en bici

O ciclista Gustavo César Veloso asistirá mañá pola tarde á segunda xornada da actividade de urbanismo táctico “Os nenos pintan a rúa” organizada polo Concello de Vilagarcía no marco da Semana da Mobilidade. A intervención de Veloso faise coincidir coa celebración do Día Mundial sen Coches para que o deportista de Bamio sirva de exemplo aos asistentes e os anime a subirse á bicicleta, non só para facer deporte, senón tamén para os desprazamentos habituais pola cidade e polo simple pracer de andar en bici. Ademais, incidirá nos beneficios que ten recorrer ao vehículo a pedais en lugar de aos de motor, tanto na propia saúde das persoas, que se exercitan e manteñen en orma, como para saúde medioambiental, ao contribuír a reducir os niveis de emisións de gases na cidade.
21.09.2021.- A de mañá será a última xornada dos actos conmemorativos da Semana Europea da Mobilidade que este ano leva por lema “Pola túa saúde, móvete de forma sostible”. Enlazando co lema das Cidades que Camiñan -rede de cidades á que Vilagarcía está adherida- que elixiu como lema nesta edición “A rúa, a continuación da túa casa”, lévase a cabo a actividade de urbanismo táctico para dinamizar e chamar a atención sobre unha rúa recentemente peonalizada para o uso e disfrute das persoas, como é o tramo da Avenida da Mariña que discorre en paralelo á Praza da Peixería-. Alí, dende hoxe, os nenos e nenas de Vilagarcía están a colorear con xiz o “comecocos” xigante deseñado a modo de circuíto con iconas relacionadas coa mobilidade sostible. Tras a actividade de hoxe, o Concello pintará con materiais duradeiros o circuíto para que permaneza e anime aos cidadáns á recuperar o espazo público para xogar no comecocos xigante ou simplemente para pasear.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -