_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A rapazada de Vilagarcía coloreará o gran “comecocos” da Avenida da Mariña nunha acción de urbanismo táctico

Un gran “comecocos•ao estilo do famoso vídeo xogo dos anos 80, servirá de imaxe á acción de urbanismo táctico que o Concello de Vilagarcía levará a cabo nun tramo da Avenida da Mariña no marco dos actos da Semana da Mobilidade. A innovadora actividade terá como protagonistas á rapazada do municipio, que será a encargada de colorear con xiz os diferentes motivos que conforman este orixinal xogo que pretende demostrar á cidadanía en que consiste o urbanismo táctico, á vez que concienciar sobre a necesidade de recuperar as rúas para o uso, goce e convivencia das persoas, así como de camiñar ou desprazarse en bici en lugar de usar os vehículos de motor.
20.09.2021.-A actividade “Os nenos pintan a rúa” desenvolverase o martes e o mércores pola tarde.

O “comecocos” ocupará 60 metros do tramo da Avenida da Mariña que discorre por diante da Praza da Peixería. O xogo configúrase como un circuíto que se poderá comezar por calquera dos dous extremos da rúa e que ten a meta no centro. O famoso Pac-Man sinalará o inicio do circuíto a ambos lados e, a partir de aí, os xogadores deberán ir avanzando polos debuxos baseados en temas de mobilidade sostible, que substitúen ás tradicionais froitas do vídeo xogo orixinal. Así, pegadas de pés e siluetas de bici serán os iconos que simbolizan os desprazamentos saudables e non contaminantes, mentres que os de motos ou coches simbolizan o negativo.

A rapazada poderá ir a colorear o “comecocos” o martes e mércores pola tarde en horario de 17 a 19.30 horas, para o cal se lles facilitarán xices de cores coas que poder traballar. Finalizada a Semana da Mobilidade, o Concello pintará con materiais permanentes o circuíto, fixado así a primeira actuación de urbanismo táctico e participativo da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -