_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os xogos populares regresan ás rúas na fin de semana e a bici cobra protagonismo co paseo nocturno e o da Vía Verde

A Semana da Mobilidade intensifica durante a fin de semana as actividades organizadas polo Concello de Vilagarcía co obxectivo de continuar fomentando o uso dos medios de transporte alternativos aos de motor para mellorar a saúde e reducir a emisión de gases á atmosfera e para concienciar á poboación sobre recuperar os espazos públicos para a convivencia e o disfrute. Neste marco, os xogos populares invadirán a Rúa Conde Vallellano o sábado e o domingo, e a bicicleta cobrará protagonismo co tradicional Paseo nocturno do sábado e co percorrido cicloturista pola Vía Verde o luns.
17.09.2021.- Como xa aconteceu o xoves, día no que arrancou o programa da Semana da Mobilidade, os Polis Tolos volverán a patrullar o centro urbano o sábado pola mañá para pregoar as actividades organizadas pola Concellería de Mobilidade e para animar á xente a tomar parte nelas. E para iso, contarase cos axentes zancudos e as patrullas en triciclos xigantes.

O sábado pola tarde, a Rùa Conde Vallellano acollerá a caravana de xogos populares na que, cativos e tamén adultos poderán participar nas carreiras de sacos, circuítos de chapas ou tiralatas a desenvolver ao longo da céntrica rúa, como se facía nos tempos nos que os coches non o acaparaban todo e as xentes facían boa parte da súa vida nas rúas.

O colofón á xornada porao o Pase nocturno en bici, unha das actividades tradicionais da Semana da Mobilidade é en cuxa organización colabora o colectivo Arousa en Bici. Como todos os anos, a actividade está aberta a ciclistas de todas as idades, que terán que presentarse no Cavadelo coas súas bicis (incluso as de rodiñas para os máis cativos) para comezar o paseo que irá de Carril a Vilaxoán para rematar, de novo, no Cavadelo. A actividade comeza ás 21.00 horas e discorrerá polo carril bici, excepto polo tramo de Vilaxoán que aínda non conta coa infraestrutura que este ano gañou metros co novo tramo do Paseo de Canelas. A organización lembra que será preciso levar casco e tamén máscara. Ao remate do paseo realizarase un sorteo de produtos e utensilios para os cicloturistas.

A caravana de xogos populares regresa o domingo de 11.30 a 14.30 horas á rúa Conde Vallellano para o divertimento de toda a familia. E o luns, 20 de setembro, cicloturistas de todas as idades poderán realizar o paseo en bici pola Vía Verde, un percorrido que partirá das inmediacións do Pazo de Rubiáns ás 17.30 horas e que ten como obxectivo dar a coñecer esta atractiva senda de uso peonil e ciclista de 9 quilómetros de lonxitude.

A Semana da Mobilidade prolongarase con máis actividades ata o mércores 22 de setembro, entre elas unha novidosa intervención de urbanismo táctico a realizar pola rapazada do municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -