_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Semana da Mobilidade suma unha acción de urbanismo táctico para a rapazada e un paseo en bici pola Vía Verde

Vilagarcía súmase un ano máis á celebración da Semana Europea da Mobilidade co obxectivo de seguir promocionando o uso dos medios de transporte alternativos aos de motor e concienciar á poboación sobre apostar polos desprazamentos a pé e en bicicleta como medios saudables e que axudan a reducir a emisión de gases á atmosfera. A Concellería de Mobilidade deseñou numerosas actividades para conmemorar a semana que leva por lema “Pola túa saúde, móvete de forma sostible”, e que enlaza co “A rúa date a vida” da Rede de Cidades que Camiñan, da que Vilagarcía tamén forma parte. Para acadar os obxectivos de ámbalas dúas iniciativas, entre as novidades do programa destacan un paseo en bici pola Vía Verde e unha acción de urbanismo táctico a desenvolver pola rapazada.
15.09.2021.- A Semana da Mobilidade desenvolverase do 16 ao 22 de setembro. A concelleira de Mobilidade, Paola María, e os membros da asociación Arousa en Bici, Paco Cuba e Emilio González, foron os encargados de presentar a programación e de lembrar as avantaxas que ten tanto para a saúde como para o medio ambiente desprazarse a pé e utilizar os medios de transporte alternativos aos de motor, sobre todo nunha cidade como Vilagarcía, de tamaño moderado e cunha topografía case cha. María Mochales tamén insistiu en que as cidades máis modernas avanzan nesta liña de traballo e en devolver as rúas aos cidadáns como espazos de convivencia, de recreo e de encontro. “Nese camiño estamos traballando tamén dende o Concello coas peonalizacións e humanización de rúas, creación de aparcamentos disuasorios, ampliación da infraestrutura ciclista con máis carril bice e ciclovías, etc…)


O programa ábrese mañá cunha das actividades coas que se pretende tomar as rúas para o divertimento e a vida das persoas. Será a través da animación de rúas de “Os polis tolos”, que se encargarán de anunciar a Semana da Mobilidade e animar á xente a participar nas distintas actividades mediante pasacalles con zancudos e grandes monociclos. Será a partir das 14 horas nas saídas dos principais centros educativos.

Tamén coa idea de que “A rúa date vida” e de que a vida das persoas pode desenvolverse nas rúas das súas cidades, o venres 17 entre as 17 e as 20 horas, haberá unha caravana de xogos populares na rúa Conde Vallellano. Cativos e tamén adultos poderán participar nas carreiras de sacos, circuítos de chapas ou tiralatas a desenvolver ao longo da céntrica rúa, como se facía nos tempos nos que os coches non o acaparaban todo.

Os Polis tolos regresarán ás rúas o sábado 17 a mediodía, o mesmo que fará a caravana de xogos populares en Conde Vallellano entre as 17 a as 20 horas. Ademais, ese mesmo día celebrarase unha das actividades máis tradicionais da Semana da Mobilidade, o Paseo Nocturno en Bici organizado en colaboración coa asociación Arousa en Bici. Como todos os anos, a actividade está aberta á ciclistas de todas as idades, que terán que presentarse no Cavadelo coas súas bicis (incluso as de rodiñas para os máis cativos) para comezar o paseo que irá de Carril a Vilaxoán para rematar, de novo, no Cavadelo. A actividade sairá ás 21.00 horas e discorrerá polo carril bici, excepto polo tramo de Vilaxoán que aínda carece da infraestrutura que este ano gañou metros co recén inaugurado Paseo de Canelas. A organización lembra que será preciso levar casco e tamén máscara. Ao remate do paseo realizarase un sorteo de produtos e utensilios para os cicloturistas.

A caravana de xogos populares regresa o domingo de 11.30 a 14.30 horas á rúa Conde Vallellano para o divertimento de toda a familia, e o luns, 20 de setembro, cicloturistas de todas as idades poderán realizar o paseo en bici pola Vía Verde, que partirá das inmediacións do Pazo de Rubiáns ás 17.30 horas, co obxectivo de dar a coñecer esta atractiva senda de uso peonil e ciclista de 9 quilómetros de lonxitude.

Un “come cocos” xigante pintado con xiz

Unha das actividades máis novidosas da Semana da Mobilidade deste ano é a acción de urbanismo táctico que se desenvolverá o martes 21 no tramo da avenida da Mariña situado fronte a Praza da Peixería. Este espazo vai a ser tomado pola rapazada para destacar esta zona de uso peonil mediante unha intervención que consistirá en pintar o chan con xices de cores para confeccionar un gran “come cocos”, imitando o famoso videoxogo dos anos 80.

Día sen Coches con Gustavo César Veloso

A actividade repetirase o mércores 22 de setembro, xornada na que se conmemora o Día Mundial sen Coches. Os nenos e nenas volverán a pintar a rúa con xiz e contarán coa visita do ciclista profesional de Vilagarcía, Gustavo César Veloso, que departira coa rapazada para animalos a usar a bici, non só como deporte, senón como medio de desprazamento cotiá, saudable e respectuoso co medio ambiente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -