_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Ballet Nacional Ruso regresa A Vilagarcía en outubro co “El lago de los cisnes”

O Ballet Nacional Ruso volverá a actuar en Vilagarcía no mes de outubro no seu regreso aos escenarios tras o paro consecuencia da pandemia. A que é unha das compañías de danza máis prestixiosas do mundo actuará o 22 de outubro ás 21.00 horas no Auditorio Municipal para representar a obra por excelencia do ballet clásico: “El Lago de los Cisnes”, con música de Tchaikovsky, libreto de Vladimir Beghitchev e Vasili Geletzer e coreografía de Marius Petipa. As entradas custarán 20 euros (máis custes de xestión na venta anticipada) e poderán adquirise a partir do xoves en ataquilla.com e no teléfono 901 504 500. O aforo é de 370 butacas.
14.09.2021.- O Ballet Nacional Ruso está dirixido por Sergei Radchenko, fundador da mesma no ano 1989. A que foi a primeira compañía privada de danza creada en Rusia é tamén unha das máis prestixiosas do mundo, xirando cada ano polos cinco continentes. Neste regreso aos escenarios, durante os anos 2021 e 22 conmemorará con xiras por Europa, EEUU e Rusia o seu 30 aniversario, efeméride que tivo que aprazar pola pandemia.

Na representación de “El Lago de los Cisnes” en Vilagarcía, o Ballet Nacional Ruso recupera a maxia e a espectacularidade características das súas postas en escena. No espectáculo intervirán 40 bailaríns, encabezados nos papes principais por Maria Klueva, Nurlan Kinerbayev, Alexandra Krukova, Vladimir Tapkharov, Ekaterina Tokareva e Evgeniy Yerrmakou.

Con este espectáculo, o Ballet Nacional Ruso obtivo o Premio ao mellor espectáculo de danza en 2017 nos “Premios Teatro de Rojas XXVI Edición “ de Toledo.
Sinopse

“El Lago de los Cisnes” é unha preciosa historia de amor e de maxia, onde se plasma a eterna loita entre o ben e o mal. O protagonista da historia é o príncipe Sigfrido, que se namora de Odette, unha moza convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e de Odile, o cisne negro e filla do bruxo.

Serguei Radchenko

Nado en 1944, Serguei Radchenko graduouse na Escola de Danza de Moscú, para formar parte como Gran Solista da Compañía do Teatro Bolshoi durante 25 anos. Bailou todo o repertorio do Bolshoi, tendo unha especial reputación nas Danzas Españolas, particularmente no papel do Torero na obra de Bizet-Schedrin “Carmen Suite”, sendo la parella de baile da gran Maya Plesietskaya.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -