_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Os alumnos de aproveitamento forestal do Labora Xove practican nun simulador as técnicas de apeo de árbores

O obradoiro de emprego Labora Xove 2020 entra na súa última etapa formativa cun intenso programa de prácticas. Os oito xóvenes que participan no módulo de “Instalación e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal” desprazáronse a Ponteareas xunto cos seus profesores para participar nunha clase práctica impartida por docentes do Centro Integrado de Formación profesional “A Granxa”, na que puideron utilizar as últimas tecnoloxías dispoñibles para practicar dun xeito completamente seguro, me diante un simulador, as labores de apeo de árbores.
14.09.2021.- Tras as explicacións teóricas sobre as técnicas de apeo e procesado de árbores con colleitadora forestal e as correspondentes instrucións de uso do simulador – semellante aos que utilizan os pilotos de aviación- os alumnos pasaron a realizar a práctica virtual de forma individual. A primeira simulación centrouse no uso da colleitadora forestal, e con ela os alumnos practicaron sobre tres escenarios diferentes: achegamento á árbore para abrazalo a unha altura óptima; apilado das trozas na dirección indicada e procesamento das trozas mediante desramado e tronzado.
A segunda simulación foi a do manexo do autocargador para retirar as trozas do monte, utilizando as pinzas do guindastre.

En total son 16 os mozos e mozas os que participan na actual edición do Labora Xove, 8 na especialidade de “Instalación e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal” e outros 8 na de “Socorrismo en espazos acuáticos e goberno de embarcacións de salvamento”.

A presente edición do obradoiro promovido polo Concello de Vilagarcía de Arousa e que se inclúe no Programa Operativo de Emprego Xuvenil financiado a través do Fondo Social Europeo, comezou a impartirse o 2 de novembro de 2020 e ten unha duración de 12 meses. Neste período, o alumnado recibe unha completa formación teórico-práctica que lles permite obter os correspondentes certificados de profesionalidade co obxectivo de aumentar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral en dúas especialidades bastante demandadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -