_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Nuria Cascón e Manuel Cores proclámanse vencedores do XIX Torneo de Tenis de Verán da Fundación

O tradicional Torneo de Tenis de Verán que organiza cada ano a Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía xa ten os vencedores da súa XIX edición. Nuria Cascón Lapido e Manuel Cores Fernández proclamáronse campións da categoría absoluta feminina e masculina respectivamente, mentres que José Luis Núñez fixo o propio na de veteranos. O trofeo á deportividade foi para Francisco Ultrera Outeda. A entrega dos trofeos realizouse o mércores tras a celebración das últimas finais.
13.09.2021.- O XIX Torneo de Tenis de Verán celebrouse entre o 19 de agosto e o 8 de setembro nas pistas do complexo deportivo municipal de Fontecarmoa. Debido ás restricións da covid, este ano reducíronse as categorías de participación ás tres para maiores de 18 anos mencionadas: absoluta masculina e feminina e veteranos. Asía a todo, xogáronse un total de 43 partidos polo sistema de eliminatoria.

Nuria Cascón impúxose a Nerea Vázquez Brea por 6-0/62 na final da categoría absoluta feminina, mentres que a masculina, na que se bateron Manuel Cores e Breogán Calviño Froiz, saldouse en dous sets por 6-4/6-1 a favor do primeiro.

A final da categoría de veteranos (para xogadores nados no ano 1970 e anteriores) disputada por José Luis Padín e Carlos Busto Lobato resolveuse cun 6-1/6-2.
Tamén se xogou unha final de consolación na que Francisco Utrera Outeda venceu a Marcos Diz Rodriguez en tres sets e nun partido moi igualado que deixou un marcador de 7-6/6-7/10-6.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -