_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
Os bonos-compra “Son da Casa!” terán nova edición para a campaña Nadal

A campaña de bonos-compra “Son da Casa” terán unha nova edición de cara ao Nadal. Ante os beneficios que esta iniciativa está a demostrar no conxunto da economía local, a Concellería de Promoción Económica traballa xa na preparación da campaña que está previsto lanzar no mes de novembro co obxectivo de dinamizar a temporada de ventas do Nadal, a máis forte do ano tanto para o comercio como para a hostalaría. Como nas tres edicións anteriores, o Concello investirá 37.550 euros para subvencionar os 3.750 packs de bonos que se emitirán ao prezo de 20 euros e que permitirán facer compras por importe de 30.
10.09.2021.- Esta será a cuarta edición dos bonos “Son da Casa” que pon en circulación o Concello de Vilagarcía. A reedición desta iniciativa pensada para contribuír á recuperación da economía local tras os peches motivados pola pandemia conta co aval dos excelentes resultados que tiveron as tres campañas anteriores e que, sumadas, xeraron un volume de negocio entre o sector comercial, de pequenos servizos e da hostalaría, por importe superior aos 600.000 euros.
A esta medida hai que engadir outras accións complementarias postas en marcha polo Concello para facilitar a recuperación dos sectores máis afectados, como as axudas directas ao comercio e á hostalaría, así como outras iniciativas de efecto dinamizador como o Mercado de Nadal, os xardís efímeros, o EspaVila! ou o Vilagarcía, Cidade de Libro, eventos todos que buscan crear ambiente nas rúas, atraer xente á vila e animar a que consuman en Vilagarcía.

Novas adhesións á campaña

No que á cuarta campaña dos bonos Son da Casa! se refire, dende a Concellería de Promoción Económica invitan aos comerciantes e hostaleiros que aínda non se teñan adherido á campaña a que se sumen á mesma para poder beneficiarse das ventas que os consumidores fan cons bonos subvencionados. Para inscribirse simplemente teñen que dirixirse á concellería través do teléfono 986 099 200 extensión 218 e 219, ou escribir un correo ao enderezo tle@vilagarcia.gal . Na campaña de primavera verán contábase xa con algo máis de 200 negocios participantes pertencentes a unha ampla gama de ramas comerciais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -