_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
Persoas Maiores organiza outras dúas travesías en galeón ante o éxito e a demanda das primeiras

Tal como se esperaba, as travesías en galeón para maiores de 65 anos celebradas o pasado 1 de setembro tiveron unha excelente acollida ao terse cuberto todas a prazas ofertadas para as dúas viaxes previstas e quedar fora varias persoas. Por iso, a Concellería que dirixe Tania García decidiu organizar unha nova quenda, con outras dúas travesías a realizar o venres, 17 de setembro, pola tarde e na que poderán participar outras 18 persoas.
09.09.2021.- A participación nas viaxes en galeón é de balde para os asistentes, que terán que inscribirse previamente nas dependencias da Concellería de Muller. O prazo ábrese o luns 13 e o trámite poderá facerse ata o xoves 16 en horario de 8 a 13 horas. En caso de haber máis demanda que prazas ofertadas, estas asignaranse mediante sorteo. Quedan excluídas destas viaxes as persoas que xa participaron nas celebradas anteriormente.

As travesías partirán o venres 17 do peirao de pasaxeiros de Vilagarcía, a primeira con saída ás 16 horas e a segunda ás 18 horas. En caso de condicións meteorolóxicas adversas a actividade suspenderase, valorando o cambio de data ou a cancelación definitiva, dependendo das circunstancias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -