_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
A Fundación renova os banquillos e o marcador do campo da Lomba para a estrea do Arosa na liga da 2º RFEF

Os traballos habituais que a Fundación Municipal de Deportes leva a cabo cada ano no campo da Lomba con motivo no inicio das competicións deportivas complementáronse nesta ocasión con dúas actuacións extraordinarias das que se beneficiarán os equipos que xogan nas instalacións municipais,. A primeira, da que Arosa xa puido facer uso na súa estrea na liga 2 da RFEF a pasada fin de semana, foi o traslado e renovación dos banquillos e a segunda, que se acometerá nas vindeiras semanas, é a instalación dun marcador electrónico.
08.09.2021.- Os novos bancos para os equipos que disputan os partidos leváronse á zona máis baixa da grada, separándose da zona do público mediante unha estrutura acristalada tipo marquesiña. A superficie na que se atopaban os antigos bancos recheouse e nivelouse co campo, gañando así máis espazo a zona da banda. O investimento realizado nesta actuación ascendeu a 5.800 euros e os traballos foron realizados por Cristal Arosa.

Outra das melloras realizadas foi o pintado de toda o valo perimetral do campo e xa está adquirido o novo marcador electrónico que substituirá ao existente, que é de placas de manexo manual. O equipo custou 4.000 euros e a súa instalación realizarase nos próximos días.

A estas melloras sumase a máquina de corte helicoidal para as tarefas de mantemento da herba que a Fundación de Deportes adquiriu en xuño cun investimento de case 17.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -