_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Aberta a inscrición para o obradoiro de narrativa humorística que impartirá a Paula Carballeira

A Área de Igualdade informa de que segue aberta a inscrición no obradoiro “Reinventar a tradición con sentido do humor” que a narradora oral Paula Carballeira impartirá sábado 18 de setembro no Auditorio Municipal. Trátase dunha actividade organizada no marco da Semana Muller e Cultura na que poderán participar completamente de balde 10 persoas de 20 anos en diante. Os interesados poden anotarse directamente na Área de Igualdade ou a través do enderezo electrónico muller@vilagarcia.gal , presentando o modelo que estará pendurado no taboleiro de anuncios desta web.
08.09.2021.- Este orixinal obradoiro impartido pola narradora oral, actriz, directora, escritora e membro da compañía Berrobambán está dirixido ás persoas que desexen traballar desmontando estereotipos sexistas na narrativa, dado que, como o resto das actividades da Semana Muller e Cultura, ademais de visibilizar e potenciar o papel das profesionais femininas entro deste sector, ten como obxectivo afrontar dende a perspectiva humorística a problemática da desigualdade.

A Semana Muller e Cultura desenvolverase do 16 ao 24 de setembro e inclúe o faladoiro titulado “A muller e o humor na escena” e o do monólogo: “Beni Barciela: consulting feminista” a realizar o día 16 no Salón García; o espectáculo cómico feminino de micro aberto “Tremendas Comedy by”, protagonizado por Arantxa Treus; Jazmín Abuín; e Antía Costas do día 17; e a obra de teatro “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva”, unha comedia a cargo da compañía teatral Olivas Negras que se representará o día 24 no Auditorio. Todas as actividades son de balde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -