_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
Joventut, Unicaja, Obradoiro e Breogán disputan esta fin de semana en Vilagarcía a sexta edición do EncestaRías

O mellor baloncesto ACB regresa esta fin de semana a Vilagarcía da man do torneo EncestaRías, que nesta sexta edición conta cun cartel de luxo composto polos equipos Joventut Badalona e Unicaja Málaga, a maiores da tradicional representación galega a cargo do Mombús Obradoiro e do Río Breogán. Todo está listo xa no pavillón número 1 de Fontecarmoa para acoller esta esperada cita para os amantes do basket. O torneo presentouse esta mañá no Concello coa presenza do alcalde, Alberto Varela; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; os organizadores do torneo, Diego Doval e Iván Villar; e a madriña deste ano, Siña Abeijón, ex xogadora e capitana do Cortegada e toda unha institución no baloncesto de Vilagarcía.
07.09.2021.- Tanto o alcalde como o secretario xeral coincidiron en encomiar o mérito que ten a organización do EncestaRías para ter convertido este torneo na principal cita baloncestística da temporada estival de toda Galicia e, especialmente, por ter conseguido organizar esta edición con todos os obstáculos que conleva a situación sanitaria derivada da pandemia. Aínda así, e co aforo reducido a 380 entradas, o torneo contará con catro grandes equipos que ofrecerán un gran espectáculo deportivo.

O torneo comeza o venres 10 setembro cos partidos entre o Breogán e o Joventut ás 19:00 horas e do Unicaja co Obradoiro ás 21.15. Os perdedores da xornada disputarán o domingo o terceiro posto a partir das 10.45 e a final comezará ás 13.00 horas.

Na presentación de onte, Siña Abeijón, a madriña do EncestaRías deste ano e un referente para o baloncesto de Vilagarcía, salientou a gran honra que lle supoñía amadriñar un torneo deste nivel e que representa tanto para os “moitisimos fanáticos” que o baloncesto ten na nosa cidade. Agradeceu emocionada o cargo honorífico e tamén a importantísima labor e o esforzo que cada ano realizan Doval e Villar para que Vilagarcía sega sendo un referente no deporte da canastra.

O alcalde salientou o exemplo de colaboración institucional público-privada que ofrece este torneo, no que todos suman para conseguir que a cidade manteña un evento deportivo de tan alto nivel. Varela reiterou o compromiso e apoio do Concello para co EncestaRías e puxo de manifesto o seu desexo de que tanto a secretaría xeral para o Deporte como os patrocinadores privados segan apostando polo torneo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -