_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A mellora progresiva do saneamento continúa coa renovación da maquinaria dos bombeos de Zamar e Fontecarmoa

O plan de mellora do saneamento municipal que está levando a cabo o Concello de Vilagarcía de forma progresiva e constante continúa con dúas novas actuacións de substitución da maquinaria dos bombeos. Neste caso, a renovación dos equipamentos beneficiará ás estacións de Zamar e Fontecarmoa, para as cales a Xunta de Goberno Local vén de aprobar o gasto de 5.800 euros destinados a cambiar a maquinaria. A compra adxudicouse á empresa Sulzer Pupms.
07.09.2021.- Esta é unha máis das numerosas medidas que o Concello de Vilagarcía está a adoptar para mellorar e garantir o correcto funcionamento do saneamento, e que consisten tanto no que a obras de ampliación da rede e renovación das canalizacións se refire, como á renovación da maquinaria dos 52 bombeos existentes en Vilagarcía, ampliación da súa capacidade e incremento da potencia dos sistemas de impulsión. Só neste último apartado, no que se enmarca a actuación prevista agora nas estacións de Zamar e Fontecarmoa, o executivo local leva investidos nos últimos anos máis de 350.000 euros en actuacións como as levadas a cabo nas estacións de bombeo de A Torre, Carril, Sobreiral (Cea), O Salgueiral (Bamio), unha previa na de Fontecarmoa, Bamio, nas dúas de Mar Pequeño (Bamio) e de Cea, na de O Lago (Cea), Vilaxoán, Camposán e Trabanca Badiña. Tamén como mellora do funcionamento dos bombeos, hai uns meses destináronse 16.335 euros á instalación dun sistema de enreixado para colocar nas 5 instalacións máis importantes do municipio (Carril, A Praza 1 e A Praza 2, Camposán e Vilaxoán), e afectos de evitar o seu colapso pola acumulación de áridos e residuos sólidos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -