_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía recibiu ás mulleres de Benidorm que fan o Camiño de Santiago en solidariedade con enfermos de cancro

O Concello de Vilagarcía recibiu ao grupo de mulleres de Benidorm que está a facer a peregrinación a Santiago de Compostela como media de solidariedade e apoio a enfermos de cancro. As integrantes do grupo de remo “Anémona”, composto por mulleres que xa superaron esta enfermidade, visitou as instalacións do club de Remo Vilaxoán acompañadas polos concelleiros do goberno local José María González, Luz Abalo e Argimiro Serén, así como dos directivos da entidade deportiva. Ao fronte da delegación de Bedidorm estaba a concelleira desa localidade, Cristina Escoda Santamaría.
06.09.2021.- Anémona Marina Baixa é unha asociación creada en 2020 por un grupo de mulleres que tras superar o cancro decidiron axudar a outros afectados a afrontar a enfermidade do mellor xeito posible, para o cal organizan diferente tipo de actividades. O “Reto Camiño de Santiago” entre Benidorm-Iria Flavia é unha delas. Dado que o grupo está integrado no club de remo do Club Náutico de Benidorm, o reto consistía en recorrer o traxecto por mar que une estas dúas localidades, para o cal a expedición que estaba facendo a ruta facía de guía ás persoas que dende a súa cidade as acompañaban virtualmente cubrindo os quilómetros utilizando máquinas de remo

Na penúltima etapa, as mulleres fixeron escala en Vilaxoán para visitar o Club de Remo da localidade. Guiadas polo presidente do club e directivos, coñeceron as traíñas e incluso remaron a bordo dunha delas antes da súa chegada a Padrón para continuar a pé a última etapa desta orixinal e solidaria peregrinación ata Compostela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -