_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adxudica o luns a redacción do proxecto arquitectónico de reforma do pavillón 1 de Fontecarmoa

A demandada e necesaria reforma do pavillón polideportivo número 1 de Fontecarmoa está cada día máis preto de facerse realidade. Tras o acordo acadado en febreiro polo Concello e a secretaría xeral para o Deporte para financiar a actuación, o executivo local dá esta semana un novo paso coa adxudicación da redacción do proxecto básico e de execución das obras, documento que se axustará ao resultado da auditoría enerxética e aos proxectos das instalacións fotovoltaica, eléctrica e de climatización encargados previamente e que permitirán que a renovada infraestrutura deportiva cumpra os compromisos da Axenda 20-21 e suba catro niveis na escala de eficiencia enerxética, pasando a situarse na categoría “A”.
03.09.2021.- O proxecto a adxudicar o luns na Xunta de Goberno Local é o correspondente ás obras de reparación da estrutura, substitución da cuberta, mellora de envolventes e acondicionamento interior do pavillón 1 de Fontecarmoa. Inclúe tamén os estudos de seguridade e saúde das obras e encargarase ao arquitecto Iago Fernández Puentes por importe de 13.900 euros.

Trátase pois, da parte arquitectónica da actuación, que necesariamente ten que ser o último en elaborarse xa que deberá axustarse ás necesidades detectadas na auditoría enerxética e prever as medidas fixadas para evitar os problemas que se rexistran dende hai anos no pavillón construído hai 40 anos e que dificultan a práctica deportiva, como son os da humidade e condensación ambiental por falta de ventilación e unha axeitada climatización.

En base á auditoría enerxética e aos proxectos redactados por Mondelo S.L., o da obra incluirá a revisión e arranxo da estrutura de formigón e das cerchas de aceiro da cuberta, que se substituirá na súa totalidade. Tamén se preverá a mellora das envolventes introducindo illamentos e un sistema de fachada ventilada, así como a instalación de novas carpinterías. Por último, abordará o acondicionamento interior dos aseos e vestiarios situados baixo a grada e a contorna da pista deportiva

O proxecto definitivo será o que determine o orzamento exacto das obras que, segundo a estimación previa realizada polos técnicos, podería superar o millón e medio de euros dada a ambiciosa actuación que se pretende levar a cabo para adaptar o pavillón principal de Fontecarmoa ás esixencias do século XXI, tanto en materia enerxética, como ás relativas á realización da práctica deportiva dunha instalación que, ademais da actividade dos clubs municipais, acolle eventos deportivos de ámbito nacional e incluso algúns nos que participan equipos internacionais.

Como xa se dixo, a obra financiarase a través dun convenio de colaboración a asinar entre o Concello e a secretaría xeral para o Deporte. Segundo a última visita a Vilagarcía realizada polo secretario, José Ramón Lete Lasa, a Xunta comprometíase a financiar a terceira parte da obra. O convenio asinarase unha vez concretado o importe exacto da actuación.
Para ir adiantando, o Concello xa reservou nos orzamentos municipais deste ano unha partida de 800.000 euros para a obra e, en caso de precisarse máis cartos, recorreríase aos fondos europeos nos que participa Vilagarcía a través das EDUSI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -