_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio convoca as probas extraordinarias para cubrir 8 prazas instrumentais no Grao Elemental

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía vén de realizar unha convocatoria extraordinaria para cubrir 8 prazas en outras tantas especialidades do primeiro curso do Grao Elemental. As vacantes nos instrumentos de Frauta, Percusión, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Violín e Violonchelo cubriranse a través da realización das correspondentes probas de acceso que deberán superar os aspirantes. A inscrición para participar poderá facerse nas oficinas do Conservatorio, sitas no Auditorio Municipal, os días 3, 6 e 7 de setembro, en horario de 10 a 13 horas. As probas realizaranse o 8 de setembro.
02.09.2021.- Tras terse pechado a convocatoria ordinaria de prazas para o curso 2021/22 e tras coñecerse os resultados dos exames de setembro, o Conservatorio dispón aínda de 8 prazas vacantes para acceder ao ensino musical en diferentes especialidades instrumentais correspondentes ao primeiro curso do Grao Elemental.

As persoas interesadas en acudir ás probas de acceso poden informarse sobre a convocatoria e sobre os requisitos e procedemento de cobertura das prazas a través da nota informativa pendurada no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia /. Tamén poden solicitar máis información a través do teléfono 986500916 e do enderezo de correo secretaria@cmusvilagarcia.gal
Esta convocatoria extraordinaria realízase conforme á resolución de data 31/08/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que autoriza ao Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa á realización de probas de acceso extraordinarias ao 1º curso do Grao Elemental de Música.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -